O mamarello é a beira do río é o que está inmediatamente xunto o río sen ser río. O mamarello é o lugar que está inmediatamente a carón do río e que se debe deixar para paso de veciños, pescadores ou non.

Tamén teño visto a palabra resío para indicar unha faixa de terreo sen cultivar arredor da casa, preto do río, etc. Tamén como parte sin cultivar que rodea unha leira.

           Hoxe en Galicia, algúns pensan que os ríos son seus e poñen arame de espiño nos seus prados e fincas ata a beira do río,  e o mismo fan os donos dás minicentrais.  Que saiban que é ilegal que hai que deixar un espacio, que precisamente é o mamarello. Xa non digamos do que pon o pastor (cable eléctrico para guía do gando) conectado ata a misma beira, xa vín varios...como para quedar electrocutado...

 

 

 

Río Xares en Ourense.

Nesta fotografía tendes marcado o teórico mamarello a carón do río. Trátase dun espacio de metro e medio que os propietarios deben deixar para paso de pescadores ou xente en xeral.

Esto non quere decir que o prado non chegue a beira do río. O que quere decir é que non se deben de pór obstáculos para o paso dentro desa franxa de terreo.

 

 

 

Río Xares en Ourense.

A beira esquerda do río está formada por herbas verdes, xuncos, etc.

O mamarello está a beira do río.

Na marxen dereita vese un lugar entre o muro e o río, ese é o mamarello.

 

 

 

Río Navea en Ourense, as beiras son prados e tamén o típico bosque de ribeira formado, neste caso por bidueiros e salgueiros.

Neste lugar respetase o mamarello.

Nesta fotografía vese perfectamente o lugar deixado a carón do río na marxe dereita, ese é o mamarello que é obligatorio.

Nesta fotografía vese como o cerre do prado vai ata o río pero deixa un paso aberto, si este paso está pechado eso é ilegal. O dono do prado sabe que metro e medio a carón do río non son da súa propiedade. É o mamarello obligatorio.

Nesta fotografía está marcado o mamarello teórico. Inda que penso que había que deixar máis metros, ata 5 m. pode ser. Moitos non deixan nada e inda por riba poñían alambradas. Falo por exemplo do río Mao preto de Montederramo que había alamabradas por todos os lados.

Recentemente o diario A Voz de Galicia publica este artículo con título "Galicia cambia su relación con los ríos", en el artículo que agora resumo pon este dibuxo onde claramente se ve o mamarello de 5 m. na beira do río, en fin sin comentarios...

O artigo ven a dar carta blanca na zona de policia de 100 metros para facer cousas sempre que se comunique. Esto que quere decir pois que se poden por exemplo cortar árbores arranxar a zona etc. O lector que pense un pouco e chegara as misma conclusións seguramente que o que escribe. Medio ambiente en Galicia está desbordado cós ríos e pide axuda, simplemente. Efectivamente os ríos, as suas beiras nunca estuveron peor son selvas auténticas e inda por riba ata de agora non se podía nin tocar unha rama...

salir.jpg (922 bytes) Saír.