As augas
mestas son as zonas dos ríos onde confluen dous ríos.
Tamén se chaman:
entrelorríos,
entrambos ríos,
entrasaugas,
as mestas,
axuntanza,
entre
ríos, etc.

Río Louzara na súa confluencia co
río Lor.
Un claro exemplo de augas
mestas ou de axuntanza de ríos. |
|

Na fotografía o río Navea en
Chandrexa de Queixa recibe pola esquerda o regato de Torneiros,
xusto na Ferrería. Sin dúbida nese lugar son augas mestas. |
|

Na fotografía o río Miño recibe o
río Lonia.
Son augas mestas nese lugar.
Por
certo o Lonia é un afluente pequeniño do río Miño en Ourense, un
río que require máis cuidados dos que se lle dan. É unha
auténtica pocilga natural. |
|

Na fotografía de xaneiro do 2002 o río Viñao
pola esquerda e o río Avia por debaixo do pontillón, por certo con
moi pouquiña auga.
O lugar onde se xunta son augas mestas ou axuntanza.
Por certo a axuntanza e no pobo de Salón, preto de Leiro en
Ourense. |

Na fotografía de maio do 2010 vese como o río
Lor se xunta co río Sil precisamente en augas mestas. A estos
lugares chámanlle entrelorrios, ou simplemente axuntanza. Unhas
obras que se están a facer no encoro de San Estebo deu lugar a esta
baixada de nivel do encoro e a esta fotografía.

Na fotografía, sacada do libro Olelas na
lembranza, vese a zona onde se xuntan o río de Olelas e o río da
Peneda o río Tibo. O lugar según Alberto Pérez Adán,
autor do sensacional libro citado, chámase entrasaugas. Por
certo as montañas de enfrente son de Portugal e a marxe esquerda do
río é España.
Saír.
|