Aguaneiro  

A aguaneira ou aguaneiro ten unha ficha dentro dos mamíferos que habitan os ríos galegos. Ver este link nesta páxina web.  Para mín é a gran xoia da natureza galega xunto a salamántiga galega. Ver este link nesta páxina web.

Pero nesta palabra, Aguaneiro,  quero poñer outro significado que saco do libro "Terra de Cotobade" de Xosé Fortes e outros...

O aguaneiro era en Cotobade (Pontevedra) o responsable da conservación das presas e do reparto da agua destas presas.

 

Presa de Grota en Cotobade. Río Almofrei. Esta é unha levada, que en Cotobade chamaban tomada.

O aguaneiro é o responsable de manter en funcionamento todas as presas, tomadas ou levadas, así como de distribuir as augas según estaba estipulado a cada un dos pueblos e familías. As súas funcións estaban escritas tanto de día como de noite, xa que a rega, a muiñada e todo o demais era básico.

 

 

Outra vista da levada da presa de grota. Río Almofrei

 

 

 

Tomada da Presa do Cachón. Río Almofrei en Cotobade. Esta tomada tiña que estar lista para que a agua fose por ela o lugar onde tiña que ir.

Así cada presa destas tiña un "aguaneiro".

Non se debe confundir coa palabra galega augueiro que é o lugar por onde se lle abre á auga represada para conducila ás leiras.

Na fotografía, do autor da web vese un augueiro, en realidade varios por onde se lle abre para que a auga regue o prado.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.