Un
abeiradoiro é un lugar protexido das inclemencias do tempo.
Falando de pesca da troita é un refuxio ou acubillo.
Moi importante cando se vai de pesca. Nos
bons ríos sempre hai un ou varios abeiradoiros, que tamén se chaman
refuxios, abrigadoiro, abrigo, abeiro, acubillo e
cobexo entre outros nomes.
Por suposto hai abeiradoiros
naturais ou feitos de outro xeito; teño visto algúns non moi lonxe da
beira do río Navea en Chandrexa de Queixa. Estos abeiradoiros están
feitos por pastores e con cachotes, simplemente para protexer da choiva.
Na fotografía o refuxio do Couto de pesca da
Labrada no río Lor. O mellor refuxio que coñezo, opinión que
comparten os meus amigos Julio T. Páxaro, e Raúl Jácome D.; ten de todo: cociña,
retrete ou váter, comedor,
incluindo unhas vistas ao río marabillosas.
Está moi apartado e por eso está en moi
bon estado de conservación o que é unha auténtica sorte, xa que
hai moito vándalo solto hoxe en día no noso país...
Unha anécdota que nos pasou
neste refuxio o meu compañeiro Julio T. Pájaro e a mín, cando
chegamos había un moucho dentro, por certo bastante asustado.
Había caído pola chimenea que se ve e levaba varios días
dentro. Pobrete...algún ratón comería, delgado non estaba...Por
suposto que o liberamos, e seguro que nos está a dar as grazas...
Ver este video:
Este refuxio está preto de Montederramo, no
río Mao, e tennos salvado máis de unha o meu compañeiro de
pesca , en
tempos, Félix Valeiras e a mín. Moitas veces caían chuzos
e tuvemos que entrar neste abeiradoiro ou refuxio.
Tempos aqueles nos que ningunha inclemencia do
tempo nos tiraba pra casa, hoxe é distinto, aparte de que os
ríos non son nin a sombra do que eran, calquera vento pequeno,
calquera nubeiro é razón para algúns, como Félix, para quedarse na casa...
Temos que cambiar e volver a disfrutar destas cousas...
Efectivamente a vista dende estos refuxios é
marabillosa:
Dende o primeiro, o refuxio do couto da Labrada,
nada máis cruzar a pasarela e ir río abaixo, a cen metros, temos este río
Lor que é unha auténtica marabilla.
Río caloteiro, pero río dos poucos que quedan en
Galicia con esas augas verdes, transparentes, coas pedras do río limpas
e con vida...e poucas troitas pero algunhas hai...
Esperemos que este ano que ven, o 2018, non se
vexa afectado pola sequía galopante e ó que inda é peor os incendios que houbo...as cinzas matan por onde pasan e coas chuvias todo vai o río.
Cantos tolos temos en Galicia...
No ano 2021 podo decir que ten moita menos troita pero
algunha ten; podedes ver un traballo
estudio
completo do couto da Labrada (volver coa flecha á esquerda) e saber que
ó que estou a decir ten fundamento. Dende este dicionario fluvial quero
decir que ó que se fixo con este couto debera facerse con todos en Galicia.
Enhoraboa ao Club de Pesca Monforte do que me honro en ser socio.
Presa do Cura no río Mao; está situada a cen
metros arriba do refuxio. Un río tamén marabilloso en tempos; canta troita autóctona tiña, era incrible e por certo, sempre
daba troitas e moitas e boas, non era caloteiro, como o río
Lor, ...un gran río.
Hoxe os puríns, e outras delicadezas que
baixan polo río abaixo, teñen a este río desfeito, unha
mágoa.
Xa fai anos cheguei o río e estaba morto...soio me
faltou chorar. Que había pasado?, pois que se escapara puríns dun lugar onde
estaba almacenado, o señor ou a empresa había comprado purín para usar e
donar...choveu e unha parte iría o río e matou todo río abaixo.
Seprona ou quen fora estuveron investigados que pasara...ata hoxe. Nunca
máis se soupo. Esto estouno escribindo en marzo do ano 2021. Por suposto que
os anos seguintes repoboaron...pero non é o mismo...