Sismonastia

 

A Sismonastia é unha resposta da planta o simple roce dun insecto ou dun herbívoro que intente comer as follas, e estas como resposta plegan as follas ata parecer un tallo ou unha rama, parte da planta que é menos apeticible para o animal que provoca esta reación.

En xeral a sismonastia é o movemento rápido dun órgano vexetal como resposta a un estímulo. Etimoloxía sismo+nastia. (Gran dicionario xerais da lingua).

Neste video dos nenos de este IES, vese como se produce  este movemento.

Ver este video feito no IES Francisco Asorey.

Podedes velo de forma doada coas mimosas.

Acacia dealbata. Mimosa en galego.

É moi frecuente a beira de moitos ríos, realmente dende fai uns anos é unha  praga.

 

No Ribeiro é unha plaga. Descoñezo ao autor desta sensacional fotografía.

 

Hai moítisimas sobre todo nas concas dos ríos Miño e Sil.

Hoxe podemos dicir que é unha especie invasora; bioinvasora dirían algúns.

Nesta follas podedes darlle forte cun dedo e veredes como no momento métese cara adentro. Ese movemento chámase sismonastia...¡facer a proba!! . É moi curioso.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.