O Fondo dun río, é a superficie sólida sobre a que descansa a auga dun río. No fondo do
río é onde están as pedras, as rochas, os cantos rolados, area e moitas
plantas que nacen precisamente no fondo. Nese fondo do río vive unha
chea de seres viventes que forman a fauna do río e da que tendes
referencia dabondo nesta páxina web.
A
fondura
dun río é a distancia que hai entre a tona da auga e o fondo do
río. Mídese en metros. Dependendo do río e do seu caudal así como dos
pozos que teña, a súa fondura varia moitísimo.
No Incio, cando se lanza unha pedra
o río, esta, aparte de salpicar a auga,
afonda e finalmente queda
sumida baixo a auga. Afondar é
penetrar na profundidade e ir o fondo. Afondar tamén se pode dicir
profundar. Sumido, de sumir, e meter baixo da auga.

Nesta fotografía onde se ve o río Lor está
escrito o que se entende por fondo
que é onde descansa o río ou se apoia, o chamado tamén leito do
río. A tona é a superficie de arriba.
Pois ben, a distancia entre a tona e o
fondo é a fondura do río.
Nesta fotografía tiña no medio sobre un
metro de fondura.
|
|

Xusto a carón das pondras ou pasais, que se
ven no río Tea, a fondura é duns 20 cms
Normalmente os pondras fanse en
lugares pouco profundos dos ríos.
|
|

Esta fotografía, sacada no río Navea en
Chandrexa de Queixa, é moi válida para definir a fondura dun río
pero non me atrevo a decir que fondo tiña xa que non é tanta como
parece. Lembro que está feita dende o medio do río, onde cheguei
sin problemas, sobre 50 cms. de fondo, e logo saquei esta
cachopa ou pequeno cachón, seguramente aproximando o
motivo...repito dificil de saber a profundidade; igual un metro
ou así...
|
|
Saír.
