A
Acea é un muíño situado nun río, que ten
unha gran roda vertical (ou dúas) que transmiten a forza da auga a un eixe e
mediante un engranaxe móvese a moa. (Ver o dibuxo).
Pola zona da desembocadura do río Miño
tamén lle chaman aceña.
Eran famosas as aceas do río Miño
en Ourense. Hoxe
están totalmente estropeadas e abandonadas a maioría.

(Este dibuxo figura nun mural,
posto polo Concello de Ourense, ó pe da Acea de Canedo,
o autor é Suso Cubeiro según me comunica a empresa Cem, S.Coop.
galega a que lle dou as grazas.
Vexamos algunha acea de Ourense:

Muíño de Acea en Ourense.
Estes muiños estaban preparados para traballar
sempre e cando non hubera crecidas. Ver a roda que fai mover o
muíño, a bruia, , situada na parte dereita. Ver tamén a forma triangular, as
enchentas con esa forma pouco daño lle facían. Tamén hai unha
roda polo outro lado.
A fotografía é de José Félix Romero
(1989).
|
|

Por este lado inda se
conserva unha das rodas.
A fotografía é actual (xaneiro do 2002)
pero está sacada un pouco lonxe e non se ve ben.
Por certo o río Miño estaba moi baixo.
Febreiro do 2002.
Ver varias
fotografías da Acea da fotografía en Ourense.
|
|

Muíño de Acea en Ourense.
Estes muiños estaban preparados para traballar
sempre e cando non hubera crecidas.
Este da fotografía de José A. López está
xunto a desembocadura do río Lonia.(É o mismo que os anteriores,
pero en épocas distintas)
Por suposto xa non traballa.
En Ourense cidade,había outro na praia da Concha,
pero está en moi mal estado. Tamén outro no Ribeiriño.
Soio quedan as pedras.
|
|

O Muíño de acea do Cachón en Ourense.
Esto é o que queda da acea da praia da Concha,
xusto no cachón, enfrente dos caños e por riba do viaducto.
Está moi mal pero inda se podía reconstruir.
Por certo a praia da Concha xa non existe.
O río Miño por esa beira está impresentable,
cheo de aceites e peligroso.
Fotografía do autor da www. Febreiro do 2002.

Ver
(a pantalla completa) esta acea nunha fotografía fantástica de
Xoaquín Lorenzo.
|
|

O Muíño de Acea do Cachón en Ourense.
Esto é o que queda da acea da praia da Concha,
xusto no cachón, enfrente dos caños e por riba do viaducto.
Está moi mal pero inda se podía reconstruir.
Non é certo que esté soterrada na ribeira do
río.
|
|

Muíño de Acea por debaixo de
Ourense (Canedo).
Este muíño está o final do paseo que hai en
Ourense, pola marxe dereita do Miño, e xusto o final.
O muíño está, como todos, en malas
condicións, pero inda ten algunhas pezas en bon estado. Unha magoa.
Nesta fotografía pode entenderse o
funcionamento destas aceas. Vese a catalina,
que é esa roda grande e o farol.
Ó mover a bruia, que a move a auga do río,
move, xa dentro do muíño, a catalina que fai xirar o farol
que moverá a moa.
Ver outras fotografías
desta acea.
|
|

No dibuxo está o esquema
dunha acea e as súas pezas.
A auga do río move a bruia e
o mismo tempo vai mover a catalina que vai engranada o farol como se
pode ver na fotografía anterior.
O farol move o eixo que leva
o final unha peciña metálica chamada segorella e que vai metida na
moa. Ver o esquema. O xirar o eixo xira a segorella e xira a moa.
Polo tanto o caer o gran da moxega vai quedar entre a moa e o
pe e lóxicamente o gran vai a convertirse en fariña.
|
|

Muíño de Acea por debaixo de
Ourense (Untes).
Este muíño está en plena corrente, xusto por
debaixo da ponte da autovía. Aparentemente está en mal estado. Non
se acede de forma doada, xa que está en pleno río.
|
|

Muíño de Acea por debaixo de
Ourense (Canedo).
A fotografía é de principio do século XX, de
feito o que aparece no medio da fotografía é o abó do compañeiro
de traballo Afonso Vázquez Monxardín. Doulle as gracias dende está páxina por
decirme onde atopar unha foto sensacional dunha acea. A fotografía
é de Julio García e aparece no libro Galicia: O oficio de
vivir. A cidade.
Ver a fotografía a toda pantalla.
|
Recollo os textos seguintes falando dos muiños ou aceas
de Ourense - ciudade:
"Os muiños e aceas son unha das
manifestacións da nosa cultura que acadaron no pasado, como elementos
destinados ós procesos de elaboración dos alimentos, notable importancia
como atestigua o marco folclórico e literario que aínda na actualidade
pervive na nosa xente. Xeralmente son construccións dunha planta
rectangular en pedra. Consta de dous xogos así como dunha proa ou tajamar
para corta-la corriente da auga do río, estando a construcción preparada
para aguanta-las inundacións durante os períodos de crecida.
Os actuamente existentes nesta zona atópanse
en total período de desaparición: así o denominado "Acea do Cachón",
na antiga praia das Conchas, encóntrase parcialmente soterrado na ribeira
do río. Foi parcialmente destruida o terraplenar a ribeira. Outra é o
muiño do Ribeiriño do que non queda outra cousa que unha morea de
pedras, probablemente derumbada na última riada do Miño. Ambalas duas
estan na marxe dereita do río".
Esto é o que dice a
Oficina
Municipal de Turismo de Ourense.
Por certo no muíño de acea de Canedo,
no mural aparece unha poesía marabillosa que é a seguinte:

Poesía de Eduardo Blanco Amor
dedicada os muiños.
Pola miña banda aporto fotografías
das pedras que quedan da acea do Ribeiriño:
 |
Na fotografía, sacada polo autor da www en
xaneiro do 2002, concretamente o xoves día 25, vese perfectamente o Muíño do Ribeiriño, mellor
dito as pedras que quedan deste muíño. O río vai moi baixo para
estas datas.
|
 |
Nesta fotografía que é a anterior, acercando
o tema, vese perfectamente o conxunto de pedras que en tempos era
a acea do Ribeiriño. Quedou nos derradeiros anos convertida nesta
morea de pedras.
Esta fotografía, do autor da www, o que escribe, ten
dúas particularidades que resaltar, a primeira que na parte
central ten unha garza, vese perfectamente, e en segundo lugar na
esquerda ten un outra ave, que prolifera moito nos últimos tempos
nesta parte do río Miño, nada menos que un cormorán, vese peor,
pero está nese lugar seguro.
|
 |
Nesta fotografía sacada dende a Ponte do
Milenio en Ourense, vense a man esquerda unha morea de pedras,
xusto por riba do cachón. Pois ben, esas pedras eran do muíño
do Ribeiriño en Ourense.
Outra forma de ver o lugar onde estaba esta acea.
|
|
Nesta fotografía (dixital) vese máis cerca
a morea de pedras. |
|
Dime un home que ten unha finca xusto o lado
que o muíño era da Espiga de Ouro. Non teño nin idea.
As fotografías son do día 1 de febreiro do 2002,
realmente o río Miño ven moi baixo.

Nesta fotografía vese
perfectamente a existencia da acea anterior nese lugar.
A fotografía é dos anos 50.
|
Nota
importante: no ano 2005 por novembro observo que
repararon a acea do río Miño, Acea das Veigas, situada
preto de en Canedo; menos mal, é
todo un detalle. A acea está preto das augas de Outariz, na
marxen dereita do río Miño e no paseo que hai actualmente feito.
¡Enhoraboa!
Ver
máis cousas sobre os muíños.

Acea da desembocadura do río Lonia. Polo menos
repararon as bruias. Setembro 2012.

Acea da desembocadura do
Lonia dende a pasarela. Ver tamen a ponte colgante
sobre o río Lonia, as gradas onde se fai a toma de
agua para Ourense e por suposto o río Miño. Setembro
2012.

Saír.
|