Un cachón é unha pequena fervenza de auga, por regra xeral producida por represas construídas polo home, muíños, auga de rega, pequenas centrais eléctricas, etc.

Chámase tamén: cachoada, cachoeira, callón, cadoiro, frieira, boullón, brollón, preseira, pincheira  e outros nomes.

O normal é que os chorros de auga caian desde pouca altura e rompan formando espuma.

Tamén se fala do ruído que fai a auga o caer no cachón, como brollón ou brolla. Ou sexa,  o brollón como o ruído que fai a auga o caer dende certa altura.

A espuma que se forma o caer a auga nos cachóns e nas cachoeiras ten un nome:  Gallarón e tamén Gallarope, tamén se dice "a Cachón", como locución verbal e tamén "a gallaróns"; expresións que me gusta persoalmente.

Fálase tamén de gurgullón os ollos de auga que se forman unha vez que no cachón cae a auga

Esta claro que neste dicionario distingo entre cachón e fervenza, no cachón a caída de auga é máis pequena.

Algúns cachóns marabillosos:

Cachón no Mao en Leboreiro, Ourense.

Cachón marabilloso na Presa do Cura na Nogueira, por riba do refuxio de pescadores.

Por este cachón, cunha pequena enchenta, suben perfectamente as troitas. Os peixes xa o teñen máis dificil.

A presa chámase Presa do Cura.

Fotografía do autor da www.

 

Cachón no muiño de Allariz.

Os nosos antepasados sabían compaxinar a natureza coas súas construcción que usaban a natureza. Hoxe non...rachamos coa natureza. Por esta represa suben perfectamente as troitas.

Fotografía do autor da www.

 

Cachón no río Arenteiro.

Este cachón está prácticamente no Parque do Carballiño e daba auga a unha piscifactoría de Icona, en tempos.

Fotografía do autor da www.

Fotografía do libro Ourense Natural. Jose lópez.

Cachón no río Arnoia en Ourense , na parte alta. 

Este cachón está producido por unha represa bastante alta que recolle a auga para un muíño.

Por esta represa suben perfectamente as troitas nas enchentas.

Galicia ten uns ríos marabillosos, pero non se cuidan ó suficiente.

Descoñezo o autor da fotografía.

Cachón no río Tambre.

Os cachóns, onde rompe a auga,  son auténticos viveiros de troitas, sempre e cando estén cuidados.

Nos ríos galegos abondan os cachóns e son moi bonitos.

 

Cachón no río Ulla en Monterroso. 2010. Observar o gallarón que se produce o caer a auga. O gallarón é esa espuma que nesta fotografía vese perfectamente... Dende logo a auga cae a cachón, nunca mellor dito.

 

Cachón no río Louzara, xunto a Ponte Louzara. Fotografía de maio de 2012.

O gallarón é impresionante...A auga sae a gallaróns dende o cachón.

 

Non sempre os cachóns dan lugar a presas. Neste caso cachón no río Miño por riba da Ponte do Milenio, aquí có río baixo, ou sexa normal como en tempos o cachón ten poucos centímetros. Fotografía propia. Xullo de 2012.

Esta é a famosa fervenza de Piago, así a chaman, no río Miño en Outeiro de Rei. Chámase de Piago xa que por riba está un piago ou sexa un pozo moi profundo, polo menos 4 metros que é o que ten de alto a presa. Por certo ten 50 m. de ancho. Unha marabilla a zona. Na parte esquerda da fotografía ten escadas para subir as troitas.

A fotografía está sacada da web de Masmar, a que dou as gracias.

Decir que para mín é un cachón, máis cunha fervenza, por certo dos máis grandes de Galicia en canto a anchura e altura ao mismo tempo.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.