FLUVIOTOLEMIA, é un erotismo fluvial que sufren ou padecen, con moitísimo gusto, moitos galegos afeccionados a pesca da troita, reo e salmón e por suposto que tamén son amantes da nosa natureza, en especial os ríos. 

Eu sufro fluviotolemia e penso que ó demostro, de forma trivial,  con esta páxina web.

É polo tanto un amor especial os nosos ríos,  e dende este punto de vista,  unha palabra esencial e especial neste dicionario dedicado aos ríos.

 

Libro editado  por editorial Galaxia  2005 Autor Juan José Moralejo. A quen se debe a palabra.

A fluviotolemia é unha palabra acuñada polo mestre de pesca, escritor e profesor Universitario Juan José Moralejo Álvarez (1941-2012).

Nun dos capítulos do seu libro "As troitas, Miñas Señoras" fai unha referencia a esta palabra, dicindo claramente que lle gustaría que fora, xunto a outras, unha divina palabra.

Eu penso que xa é unha divina palabra, polo menos para mín... Pois está claro que é unha palabra que merece, igual que outras moitas, figurar neste dicionario fluvial.

Secundino Lorenzo o autor da web. Padece fluviotolemia de forma trivial...

 

Dice Juan José Moralejo no libro citado:

"Bos pescantíns, hainos; bos escritores, tamén. Pero para atopardes home tan troitófilo, tan troitómano e tan namorado dos ríos coma min tendes que buscar moito, e non sei se con pouco ou ningún éxito".

Pois ben, amigo  Juan José, eu son un deles xa que cumplo tódolas condicións. Por riba,  a miña fluviotolemia está dabondo demostrada simplemente vendo esta páxina "A vida nos ríos galegos", da que como sabes son autor.

Unha aperta moi grande para tí e para todos os que padecemos esa enfermidade, que somos  moitos.

Dicir que fai uns días, concretamente o día 25 de maio de 2012, morreu este amigo. Sinto moito esta morte,  xa que xente coma el quedan moi poucos en Galicia e así lles vai os ríos galegos. Quero ser optimista no futuro e de feito esta páxina web non existiría si non ó fose.

Onde estés, amigo Juan José Moralejo,  os meus mellores desexos de que haxa un bon río e disfrutes pescando nel. Aquí en Galicia seguiremos uns cantos loitando,  a nosa maneira,  por ter uns ríos bos e saneados. Hoxe eso é imposible...

A Juan José Moralejo dedícolle este video e o meu mellor recordo.

 

Unha aperta onde estés amigo.

Esta palabra, que ata agora non figura nos dicionarios, tamén lla dedico aos meus amigos: Manolo Portela, Gerardo Álvarez, Pedro Moreno, Braulio Soto, Manel, Quico, Félix Valeiras, Alberto Prego,  Julio Taboada, Raúl Jácome e moitos máis que penso é o que sinten polos ríos galegos...Onde estedes amigos unha gran aperta...

Para vosoutros tamén vai o video...

salir.jpg (922 bytes) Saír.