Chámanse pozaspozos ou goios, a un lugar no curso dun río, de augas tranquilas e profundas. Así a frase "dín  que este río ten pozos sin fondo" é unha frase que conta moi ben o que é unha poza. (Esta definición está sacada, case o pé da letra, do Diccionario da Real Academia Galega. 1997.)

Eladio Rguez. recolle no seu dicionario a palabra puzo tamén para estos casos onde o río ten a maior profundidade.

Tamén un piago é un lugar profundo do río.

Si o pozo ou poza é pequeno, no Incio, chámanlle porraco. Tamén se pode decir porraca.

Tódolos ríos teñen pozas moi famosas, veremos unhas poucas famosas de verdade:

O Pozo do inferno, no río Barbaña, un pozo que xa prácticamente non existe, pero a fotografía non deixa lugar a dúbidas.  Os pozas e pozos eran considerados, ás veces, obras de mouros, situado no seu fondo os máis preciosos tesouros ou mesmo servindo de morada a espíritus sobrenaturais. Vicente Risco, dice que nestes pozos do inferno habitaban os condenados e diaños. Pola miña banda decir, que neste pozos, sempre houbo troitas moi grandes.

Na fotografía de Jóse Antonio Morais, pode verse unha gran poza ou pozo no río Salas, afluente do río Limia preto da súa desembocadura.

Trátase dunha fotografía aérea.  O lugar chámase fervenza de Aguieira.

A este pozo non se lle  ve o fondo...

Seguro que ten un tesouro escondido.

Poza no río Mandeo.

Nesta poza morreron no ano 1999 dous rapaces que estaban facendo barranquismo.

Apareceron debaixo dunha pedra a 5 metros de profundidade, xusto no pozo desta figura.

Unha minicentral que había por riba da presa foi a causante da desfeita. Malditas minicentrais. Estas sí que son condeadas e diaños.

Na fotografía do autor da www, vese o río Miño en Ourense. Por riba dese coiñal que se ve esta a poza dos Caños.

Certifico que está moi cambiada hoxe, pero en tempos tiña profundidades de máis de 10 metros. Nesta poza afogaron uns cantos ourensáns. Que mo digan a mín que con outro compañeiro sacamos a un no ano 1960, xa morto. Estaba  orillado pero polo menos había 4 metros.

Por baixo de Reza en Ourense está o pozo Maimón que tamén ten moita profundidade. Nela afogou un obispo de Ourense.

Esta é a famosa fervenza de Piago, no río Miño en Outeiro de Rei. Chámase de Piago xa que por riba está un piago ou sexa un pozo moi profundo, polo menos 4 metros que é o que ten de alto a presa. Por certo ten 50 m. de ancho. Unha marabilla a zona. Na parte esquerda da fotografía ten escadas para subir as troitas.

salir.jpg (922 bytes) Saír.