As pondras ou pasos, son pedras colocadas no río de maneira que permiten pasar o que se dí a pé enxoito. Si o río non vai moi cheo, pode pasar unha persoa, saltando de pedra en pedra. Están situadas nos vados, é decir, naqueles lugares dos ríos onde hai moi pouca profundidade, 20 a 30 cms. As bestas e o gando poden normalmente pasar a beira.

Non me resisto a describir o seu paso, gráficamente,  en palabras de X. Lorenzo Fernández "Prás pasar, compre brincar dunhas a outras e como se leva a ollada fixa nelas, o movimento da i-auga pode "barrel-a-vista" se non vai con certo cuidado".

Cada unha das pedras chámase pasal, inda que tamén se utiliza a palabra completa para indicar o conxunto.

Vexamos unhas pondras, tamén chamadas alpondras, poldras, pasais, pasadeiros, pasadoiros, peal, poldrado, espoldras, pasos, pasal, pasares, etc.:

 

Fotografía do autor da www.

 

Río Barbantiño en Mandrás - Amoeiro Ourense.

 

Pasais ou pondras que cruzan o río Barbantiño  xusto por riba do pobo de Mandrás, nunha ruta de senderismo que é unha gozada.

Estas pondras teñen a súa historia. De feito non hai máis que ver o desgaste das mismas. Unen os muíños que hai neste lugar do río.

 

 

Río Mao en Ourense.

Ver os pasais ou pondras cruzar o río xusto na parte superior da fotografía de Mani Moretón.

Por debaixo dos pasais cruza o gando perfectamente; certificado xa que conozco dabondo o lugar.

Río Mao preto do encoro de Leboreiro.

 

 

Río Mao en Ourense.

 

Pondras no río Mao en Ourense. Fálase de pasarela da Nogueira, en realidade son as típicas pondras para atravesar o río.

Por certo por riba destas pondras temos unha historia marabillosa o meu colega de pesca da troita e gran amigo,  Félix Valeiras e o que escribe.

Tempos aqueles en que abundaban as troitas... Hoxe inda sigue sendo un bon río, pero xa non é o que era...

 

 

Río Ulla en Gres - Vila de Cruces.

Pasais ou pondras que cruzan o río Ulla xusto nunha das marabillosas ínsuas que hai neste pobo. Os pasais, nótase que son de recente construcción, demasiado perfectos.

En total ten 20 pasais.

Dende estas liñas a miña gratitude a Adolfo Villar Donato, de Gres, que me enseñou estas ínsuas marabillosas e o seu amor a este río sensacional.

 

 

Regato de Puga en Ourense.

 

Poldras ou pasos no regato de Puga,  xusto na casa do Pepe da Amancia e por riba da casa de Pepe Varela, dous amigos que viven a carón deste regatiño de Ourense que é unha auténtica marabilla, pero que o Concello mira pouco por el. Actualmente unha canteira está a deixalo planchado para a desfeita. (Ano 2002).

A fotografía é miña.

 

 

 

Río Xares en Ourense.

 

Ver os pasais ou pondras cruzar o río xusto despois desta pequena ínsua que se ve en primeiro plano.

No fondo tamén fixeron un pontillón para pasar o gando e as persoas si vai moi crecido o río.

 

 

 

 

Pasais do Portochao, no río Furelos. Fotografía sacada do libro Camiños, pasos e pontes de Begoña Bas,

Un libro que recomendo si se quere profundizar nestes temas.

Neste libro fala sobre as características destes pasais e en xeral. Neste caso son 19 pasos de pedras de gran tamaño, aplanadas por riba, sendo pedras dun longo entre 0,90 e 1,50 metros, sempre no sentido da corrente do río. A altura non pasa de 70 cms. Son pedras asentadas no fondo debido o seu peso.

 

Pasal en Mondariz no río Tea. Fotografía de Adela Leiro ou José Antonio Acuña. Son 30 pasais.

O pasal é dos máis grandes que teño visto, por eso puxen a fotografía. (Moitos días despois descubrín os pasais do río Támega en Chaves e que baten o récord anterior xa que suman 90 pasais.)

Pasos no río Pentes en Barxa, preto da Gudiña. Estos pasais son os máis estreitos que eu coñezo en Galicia, son lousas que no chegan a dez cms. de ancho, colocadas de canto... Por outro lado o río é bastante ancho nese lugar. Este ano 2010 as enchentas desfixeron o pasal casi do medio, o que se ve máis claro, o quinto vindo do outro lado... Non é doado pasar por eles...

Este río ó cruzar a fronteira con Portugal chámase río Rabaçal. Un sensacional río.

-------------

Vou contar unha pequena anécdota que me pasou o día 12 de decembro de 2015 nada menos que en Chaves, no río Támega,  e que ten moito que ver cós pasais que hai xustamente no pueblo, nun paseo marabilloso que hai a carón do río. Por certo un río que está a pedir un saneamento integral dende o nacemento.

As poldras que hai no río Támega en Chaves teñen nada menos que 90 pasais; son polo tanto as que baten o record absoluto dos pasais que teño visto na miña vida.

Non cumplen moito as condicións básicas das que fala Begoña Chas e xa citadas; son máis ben pequenas e dende logo están postas nun lugar que non é precisamente un vado de pouca profundide, inda que o principio si o parece.

O caso é que de mutuo acordo, o meu amigo de sempre Celso Rey e máis eu decidimos atravesar o río por esas pondras. Estaba connosco o amigo Moure que decidiu con bon criterio, eu diría con sabio criterio, subir río arriba e atravesar por unha ponte que hai a douscentos metros deste lugar.

Nese momento non tuven en conta o consello de Xoaquín Lorenzo Fernández  "Prás pasar, compre brincar dunhas a outras e como se leva a ollada fixa nelas, o movimento da i-auga pode "barrel-a-vista" se non vai con certo cuidado".

Que pasou?, que cando iba polo medio, por certo con profundidades de máis dun metro, cumpliuse o dito e comencei cun "barrel-a-vista" de tal xeito que si non é polo compañeiro Celso acabaría no río. Agarreime a Celso como puden e realmente paseino moi mal. Todo esto ben abrigado, facía frío,  co abrigo por riba e un bolso,  e despois de comer un "codillo" que estaba de morte...

Inda agora me temblan as pernas...

Aquí, con axuda do Google Earth,  podedes ver as famosas poldras...son moitas moitas...eu conto unhas 90...

salir.jpg (922 bytes) Saír.