Unha Terraza fluvial é unha forma de acumulación orixinada pola actividade dun río e que se localiza nun val. Esto é o que dice o Dicionario xeral da  Lingua galega.

 

     Neste dibuxo vese perfectamente un río e varias terrazas xa formadas, tamén pode intuirse como se formaron esas terrazas, o meandro do río axuda a formar outra terraza. Hai moitas formas, a máis elemental é cando o río, pola forza que trae, deposita cantos rodados nunha das beiras do río, por exemplo no meandro,  logo ao baixar a corrente esa zona é unha acumulación de material que se chama terraza, polo medio puderon pasar millóns de anos...

As terrazas fluviais teñen o seu orixen na gran variedade climática do cuaternario (fai entre 2,59 millóns de anos e 10.000 a.C.). A súa formación é  bastante complexa e hai varios tipos.

Neste río hai varias terrazas na súa parte esquerda.

 

O que sigue está sacado do libro Os ríos galegos, de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez Lestegás,  referenciado na bibliografía. Páxina 273, Río Miño entre os Peares e Frieira.

No río Miño, por exemplo ao pasar por Ourense creou  catro terrazas visibles para ó que percorra os arredores da cidade , según Pérez Alberti, 4-10 m a primeira, 20-26 m. a segunda , de 30 a 33m. a terceira  e 40-46 m. a cuarta. Son da edade  pleistocena , menos a primeira que se considera da  holocena. A cidade esta construida sobre a segunda e a terceira terraza.

Cando era rapaz sempre me llamou moito a atención a cantidade de cantos rodados que aparecían en todos os lugares en que se facian casas; de feito a xente usábaos moito nas fincas e tamén na construción da casa.

Nesta fotografía pode verse a primeira terraza entre 4 e 10 m. sobre o río.  Collería o barrio das Lagoas e ata o Parque de San Lázaro na marxe esquerda e o Barrio da Ponte na marxen dereita.

Nesta pantalla de Google Earth vese Ourense e o río Miño e están marcadas tendo só en conta a altitude despois de sumar a que hai no río Miño, por suposto de forma aproximada, así dibuxo a primeira terraza entre 4 a 10 m sobre o río, por suposto repito aproximadamente,  e a segunda terraza entre 30-33 metros, a esquerda do río Miño e a dereita.

A primeira terraza clara está na zona de Las Lagoas a esquerda do río Miño e enfrente a zona da carretera a Oira. Sería entre 4 a 10 metros sobre o río. A segunda xa son 30 - 33 metros que ven sendo pola Avda. de Buenos Aires.  Na ponte a dereita do río Miño sería pola Estación do tren.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.