ESCARALLAR UN RÍO.

Por escarallar un río, os galegos,  entendemos por en mal estado ou en peor estado do que estaba o río. Tamén perder o que tiña de bo, neste caso un río.  Eu diría que escarallar un río é rematar  coa maior parte dos seres vivos que habitan o río e as súas ribeiras.

A verdade que en Galicia do 2002 está de moda escarallar os ríos. Uns por que non saben máis, outros porque non pensan nos demais (non teñen ningunha educación ambiental, nada máis que na súa casa, hai moita incultura na xente)  e outros por encher os seus bolsillos. O que é certo é que de seguir así "os nosos fillos,  e non digamos os nosos netos,  atoparán uns ríos escarallados de todo... unha triste e brutal herencia, dunha civilización que se dice culta..."

Hai moitas formas de escarallar un río,  nas fotografías que siguen pódense ver as máis usuais, utilizadas en Galicia:

Escarállanse a tope coas minicentrais.

A Xunta do P.P. dice que non, pero non hai máis que visitar unha, para darse conta. Os nosos científicos xa o dixeron "O maior disparate imaxinable contra a nosa natureza"

Ver o río Limia totalmente escarallado. (Por riba o río a tope, por baixo case sen auga).

.........

Continuación coas minicentrais:

Minicentral do río Limia, unha máis entre as  300 previstas en Galicia, xa hai casi 100 funcionando. Todas, sin excepción escarallan a tope os ríos galegos. Coas minicentrais desaparecen cantidade de especies. Eso é unha realidade demostrable.

   

Continuación coas minicentrais:

A maioría non teñen escadas de peixes. Minicentral do río Tuño. Caudal impresentable. Río Tuño desfeito. As minicentrais, de seguir así están a rematar co mellor que temos en Galicia.

   
Escarállanse a tope roubando a auga o río.

 

Río totalmente sen auga por culpa dun encoro, neste caso é o Xallas. Esta é unha práctica común dende 1945 ata 1999, das grandes empresas eléctricas. Moitos ríos quedaron secos e están escarallados irreversiblemente.

Algúns inda siguen hoxe sin gota de auga ou con apenas unhas gotas. Esto é lamentable.

.....
Escarállanse a tope cós encoros, que non cumplen a lei, que son todos en Galicia.

 

Non deixan subir as especies migratorias, fan o que lles da a gana co caudal ecolóxico. Fan vertidos incontrolados nas limpezas de turbinas e un longo etc. máis digno dunha república bananera que dun país civilizado.

.......  
Escarállanse a tope cós caudais ecolóxicos que deixan as minicentrais e encoros en Galicia.

 

Son unha auténtica vergoña que non permiten vivir nin as rás.

Ver o que é o caudal ecolóxico.

......  
Escarállanse a tope coa contaminación.

 Moitos galegos inda botan o río de todo, algúns Concellos botan moita merda o río e non teñen depuradoras ou non funcionan.

Na fotografía unha mostra.

......
Na fotografía de satélite o río Miño no encoro de Castrelo totalmente eutrofizado. Causas: a merda que botamos en Ourense e outros lugares o río.

 

Os pobos escarallan os ríos cando non depuran as súas augas.

As depuradoras en Galicia están nos despachos, e nese sitio pouco fan. Moito conto, pero nada de nada en xaneiro do 2002, salvo excepcións contadas.

..
Os ríos non pode ir deste xeito. Totalmente contaminado. Ourense 2002. Río Barbaña. O río Lonia en Ourense vai parecido.

 

Este é un río escarallado totalmente. Hai moitos neste estado.

É a morte total. Ademáis é nausebundo.

No 2007 sigue igual...

.......  
Escarállanse a tope con algúns vertidos, como o destas vacas tolas mortas e outras cousas peores, como os puríns e outros.

Día sí e día tamén hai vertidos en Galicia. Por regra xeral enterámonos do 1% dos vertidos.

Fanse moitas denuncias pero van arriba poucas. Por certo o pago deste vertido non chegou as 50.000 pts.

   
Escarállanse os ríos cando se envelenan,

Caso da fotografía coa morte no río Arenteiro de máis de 40.000 troitas (ano 1997).

Por certo inda non se sabe quen tuvo a culpa e si pagará ou non. Seguro que non hai culpables, será unha falta leve...

Xa se sabe. Pagaron pouca cousa, unha vergoña...

......  

Continuación do anterior:

O envelenamento dos ríos ocurre día sí e día tamén. En xaneiro do 2002 xa van uns cantos: Arenteiro, Avia, Miño, etc.

E os que non se denuncian...

Os vertidos son continuos.

.....  

Algúns vertidos producen malformacións na fauna.

Dito doutro xeito a morte da fauna dos ríos galegos.

De momento hai poucos casos, pero están ahí.

Por poñer un exemplo: en  Ourense ciudade,  as troitas grandes teñen exceso de metais. Demostrado en troitas de 40 - 50 cms.

......  
Repoboacións con especies de fora,  outra forma de escarallar os ríos.

Máis resistentes a merda e a contaminación de todo tipo, pero que remata coas especies autóctonas.

Xa o fixo en algúns lugares como o encoro das Conchas, onde soio hai carpas prácticamente. Outros lugares como Lindoso e outros están a punto...unha pena.

....  
Escarallanse os ríos facendo barbaridades.

 Os ríos teñen un canle e hai que deixalo como está, inda amplialo si é posible, xa que nas enchentas veñen as desgracias.

Na fotografía unha piscina na canle do río. Hai moitas na provincia de Ourense, algunhas ben feitas pero a maioría escarallando o río.

   

O encauzamento dos ríos é unha práctica diaria. Outra forma de escarallar o río

 Salvo casos contados. Os cartos de Europa hai que invertilos e nada mellor que escarallar os ríos, facer praias fluviais, muros, piscinas e un longo etc.

Olvidan, eso sí, poñer unha depuradora, eso non da votos.

Soio miramos o bolsillo e así non vamos a ningures...

Algún día pagaremos estas e outras construccións, comendo terreo os nosos ríos...

   
O río Cenza convertido nunha piscina.

 

Ata o leito está encementado. Por certo foi encementado sendo couto de pesca da troita. Hai que ter cara...

Este é un exemplo (sobre 200 millóns o proxecto) de onde se invirten algunhos cartos de Europa: en escarallar ríos.

O pobo non ten depuradora, pero ten unha piscina incrible.¡¡ O río escarallado!!

¡A xente está feliz!...

......  

Peares Ourense-Lugo. Plan Procer.

O río Búbal, nos Peares, convertido nunha piscina.

 Ata o leito está empedrado, seguramente con bloques de granito de Porriño. 

Realmente a mín dame noxo ver estas barbaridades que se están facendo a conta dos nosos cartos en Europa, e logo ver as desfeitas que fan con nós na leite e na flota pesqueira. Claro que son elucubracións miñas, xa que una cousa pode non ter que ver con outras...

   
O progreso mal entendido escaralla un río.

Neste caso trátase da autovia de Ourense a Vigo xusto pasando por riba das pozas de Melón. Realmente non hai perdón nin cuidado, nin tan siquera son sensibles coa natureza.

Podía pasar por vinte mil lugares, pero non, xusto por ese lugar. Non se entende...

.......  

Outra forma de escarallar un río, é simplemente ocupando o río, comendo terreno o río,

 Nesta canteira no río Fareixa os escombros van todos o río. Esta é unha practica común en moitas canteiras de Galicia. Xa non digamos da extración de pizarra onde estos barrancos son típicos e os ríos son de tódolos cores...

Outra forma de escarallar un río.

.....  
DESGRACIADAMENTE

HAI MOITAS MÁIS FORMAS DE ESCARALLAR UN RÍO.

Basta xa de escarallar os ríos.

(Tres o cuatro anos máis e o 90% dos ríos galegos, sensacionais, pasaran a historia e serán cloacas sin vida ou con vida non autóctona)

O autor da www.

salir.jpg (922 bytes) Saír.