Troiteiro é o que por aficción soio pesca troitas.

Había en tempos tres tipos: o profesional e maestro, que pescaba de marabilla e  que as veces vendía ou regalaba as troitas, era o troiteiro por excelencia. O pesco que normalmente vendía as troitas e podía ser ribeireño (pescadores de lugares preto ou a carón do río)  ou non; e por úitimo o pescador deportivo que eu chamo pescantín.  Hai xente que dice e chama pescantíns a todos: ao troiteiro, ao  pesco e por suposto ao pescantín.

Aclarar: que a palabra pesco tamén se utiliza en Galicia para chamar as  pesqueiras.  Ou sexa en xeral as pesqueiras según onde sexa chámanse caneiros, caneiras, pescos, pesqueiras e outros nomes.

Evidentemente as cousas cambiaron moito, xa que as troitas non se poden vender e as veces ni levalas pra casa, caso da pesca sen morte. Ou sexa hoxe non hai pescos. A palabra pescantín gusta pouco, inda que eu penso que é moi apropiada,  polo tanto digamos que todos son troiteiros, inda que a moitos o nome  lles queda un pouco grande...

             O Daniel da Región, que enchía a cesta de troitas (cando era legal)  e algúns anos vendía as troitas o restaurante San Miguel era un troiteiro. Eu vino pescar, era sensacional e parecía ter imán na cana. Unha marabilla. A súa pesca era un arte. Un maestro.

           Tamén me lembro de Manuel Portela outro artista que tamén era, e sigue sendo, un troiteiro, para mín un maestro, o meu maestro,  o mellor... Un pescador  artista, que pescaba con casi todas as modalidades artesanais...pescador deportivo de verdade, respetuoso co río e cos outros pescadores...e un longo etc.

Troiteiro e pescatíns.

O autor desta www é un pescantín (simple afeccionado á pesca, eso si, con fluviotolemia pola pesca).  Por suposto todos somos troiteiros...

Pescantíns hai moitos. Pescantíns malos moitísimos. Pescantís respetuosos coa troita, co río e coa natureza poucos. Troiteiros case ningún...

Troiteiros e pescantíns.

       "Andar as troitas" é unha frase típica para dicir en calquera dos casos, que  o troiteiro, ou pescantín  que está pescando troitas.

 

En Galicia tamén se chama pesco as pesqueiras. Como xa está dito noutro lugar.

Tamén se dí "río troiteiro" cando o que máis abunda no río son as troitas.

 

 

Na fotografía de R. Valentine Atkison, vese un atardecer nun río troiteiro. Ese é o mellor momento para que ceben as troitas.

Nese momento o troiteiro ou o pescantín  pode coller cantidade de troitas.

É o momento.

 

 

Troiteiros hai moi poucos. 

O troiteiro en tempos era un "artista" do río. Hoxe prácticamente non quedan. Hoxe hai moito pescantín, en Galicia 90.000 galegos sacan a licencia de pesca cada ano, a maioría somos pescantíns.

Por certo o número de licencias baixa, os ríos cada vez están peor...A Xunta de Galicia tenos abandonados totalmente...

Hoxe andaremos polos 30.000.

 

 

Pescantíns hai moitos.

Si os troiteiros respetan ao río, as troitas , as leis de pesca e os compañeiros realmente son bons troiteiros ou bons pescantíns...

Si o anterior se une o ser un artista coa cana, ese para mín é un troiteiro de verdade.

Hai moita xente que non respeta nada...

No fondo teño alma de troiteiro... (O autor da web)

 

Para rematar sobre os troiteiros:

Hai xente que non entende o placer de pescar troitas. Realmente que sinto moito que non coñeza ese placer, pero inda está a tempo e merece a pena intentalo.

De tódolos xeitos convén que me explique;  así o fixen fai xa quince  anos cando nun foro en internet,  me preguntaron sobre este particular.

Esto foi o que escribín daquelas e por suposto que hoxe manteño a misma postura.

salir.jpg (922 bytes) Saír.