Valgada

 

A Valgada é a parte máis baixa, ou sexa a máis fonda,  dun val por onde corren as augas naturais da choiva, dos mananciais, regados, etc.

En galego tamén se dí  Vagoada, Vaganta, Cavaixe, Camba e outros nomes.

No Incio dicen Vaguada.

 

 

Efectivamente trátase dunha valgada, ou sexa un pequeno val por onde discurre neste caso un bon río.

Hai ducias de valgadiñas en Galicia.

 

 

Este tamén é un pequeno val por onde discurre un río.

Moi similar a esta fotografía era o val do Cenza, en Vilariño de Conso, Ourense, hoxe baixo as augas dun encoro.

Hai moitos Val en Galicia: Val do Mao, Val de Quiroga, etc. Normalmente levan o nome dos ríos.

 

 

Valgada do Cenza. En realidade era o mellor val glaciar de Galicia. Fixeron un encoro en 1992. Unha salvaxada natural como outras moitas.

¡Menudo río!

Hoxe desfeito.

Observar a morrena glaciar.

 

 

Ver como era o val glaciar.

En realidade tratávase dunha valgadiña preciosa dunhos 6 ou 7 kms. de longo. 

Unha auténtica marabilla.

Nese val había curros de moitos anos atrás. Quedaron algúns debaixo das augas.

 

Nesta fotografía vese o Val do Cenza (Vilariño de Conso-Ourense), que hoxe está baixo o encoro do Cenza, a valgada ou vaguada é por onde iba o río que neste caso casi non se ve, pero vai como un regatiño na parte baixa e marcado por pedras. O curro,  no que tuven a sorte de estar dentro nunha ocasión que fun de pesca a ese río,  está no medio da fotografía. Uns muros, de casi dous metros de alto, para coidar o gando dos lobos; vacas e ovellas que podían pasar varios días dentro.

 

Val do Cenza, visto dende Cabeza de Manzaneda. O curro anterior queda o fondo a dereita. Evidentemente co encoro non se ve a vaguada que había no lugar. Un Val Glaciar do máis bonito de Galicia. Hoxe vese perfectamente fixeron unha estrada o redor do encoro. Cando eu iba de pesca a este lugar polos anos 1970-1990 no había esa estrada. Por certo un lugar de pesca da troita marabilloso naqueles tempos... Hoxe está mal, como todos os encoros unha vez que pasan dez anos..

O mismo día que saquei a fotografía anterior, unha viaxe pola Edreira, Cabeza de Manzaneda, Pista do Marroquí, etc. O baixar pola Serra deixando a dereita a Edreira e a esquerda esta valgada onde seguramente nace o río da Ribeira Grande do Invernadeiro; en calquera caso unha marabillosa fotografía na miña opinión.

salir.jpg (922 bytes) Saír.