Oxival

Falando de pontes, un arco oxival é unha figura formada por dous arcos de circunsferencia que se cortan en ángulo agudo, de xeito que as dúas concavidades aparecen contrapostas. Tamén se chama arco apuntado.

No dibuxo vense os dous arcos de circunferencia e o centro delas A e B e tamén o ángulo agudo que forman os dous arcos.

É propio do gótico.

Hai pontes que teñen os arcos oxivais como a ponte de Rábade, no río Miño,  que aparece na fotografía.

Os arcos desta ponte de Rábade son oxivais. Fotografía de Sergio López M.

Outra imaxen deste tipo de arco, tamén é a primeira a Ponte de Rábade a outra que é a ponte do ferrocarril é de medio punto o arco. Descoñezo ao autor da fotografía.

 

O arco de medio punto é simplemente unha semicircunferencia con centro no punto medio, por eso se chama de medio punto. Ver o dibuxo.

As doelas son  cada unha das pedras que convenientemente labradas en forma de cuña, forman o arco.

Según que o centro esté por riba do arrinque ou por baixo os arcos son de medio punto rebaixado ou de medio punto peraltado. O rebaixado é máis amplo.

Este é o arco de medio punto rebaixado, ver que é máis amplo. O centro da circunferencia está máis abaixo

Este é o arco de medio punto peraltado, ver que é máis cerrado. O centro da circunferencia está máis arriba

 

Por exemplo na fotografía anterior a ponte que está detras ten arco de medio punto.

Estos arcos da ponte do ferrocarril de Rábade son de medio punto rebaixado. Fotografía de Xermán Cruces.

Nesta postal, da que descoñezo ao autor,  da ponte romana-medieval de Ourense, o primeiro arco da esquerda é de medio punto e o resto son oxivais

Falando de arcos, en xeral dende o punto de vista arquitéctonico, resulta moi interesante un video que atopei en internet, que me chamou moito a atención polo ben explicado que están os tipos de arcos. Este é o link.

salir.jpg (922 bytes) Saír.