Espadanal
Espadanal é un lugar dun río cheo de espadainas nas súas beiras.
Espadainas no río Arnoia.
Esta palabra vina nun libro Toponimia de Pontedeva de Carlos Méndez Miguez.
Pareceume moi apropiada para poñer no meu dicionario fluvial
Da espadaina tendes unha ficha nesta misma páxina www.
É moi abondosa nos río de Galicia.
Espadainas no río Arnoia.
Coas espadainas aprendín a nadar, nos meus anos mozos, ala por Randín no río Salas en Ourense. Facíase un feixe moi grande delas e flotábase no río perfectamente.
Ensinoume o meu amigo Pincho, que hoxe é o panadeiro do pobo, o que lle dou as grazas e mándolle un abrazo, dende esta folla www, inda que dubido moito que chegue a ler esto algún día.
Coas espadainas faise de todo, ata asentos , esteiras e canastras.