Raña

      Unha raña son grandes e rápidos desniveis nos ríos e que fan que o leito sexa  escalonado. Así tamén é peligroso para a navegación.

Estas rañas, que no río Miño hai moitas,  están formadas polos grandes remasos que as preceden, así o río a continuación vai sair en pequena corrente e moito menos profundo e produce esos escalóns que son peligrosos para a navegación.

   

 

Pesqueira de Raña de Sela.

Esta pesqueira que está situada a altura da Estación de Sela, a Pesqueira chamada Raña, é unha pesqueira incrible. É unha das máis sofisticadas.

É das chamadas de rabo cruzado e componse de   5 poios, cada un máis baixo que o anterior e realmente cruza o río obligando a pesca a meterse a esta parte e ser pescada cando sube.

Cada poio ten sobre 10 metros de largo, unha anchura entre eles de 1 a 1,5 e unha altura de 2 metros. Van baixando en altura de máis a menos, ata o rabo (así se chama o último tramo).

Pois ben chámase así xa que nese lugar hai unha raña, ou sexa o río sae dun remaso profundo e de moita auga a un leito menos profundo .

Ver a fotografía seguinte, a misma pesqueira e a raña.

 

Descoñezo o autor da fotografía. Sela. O río vai de dereita a esquerda. Ver o remanso antes da V que forma a pesqueira.

 

Pesqueira de Raña. Chámase así xa que ven precedida dun gran remanso, que se pode ver na fotografía, o final está construida a pesqueira antes da raña. A raña está na corrente que se ve. Claramente nese lugar a profundidade é menor. Peligroso para a navegación o non haber profundidade.

Nesta fotografía de Google vese perfectamente a forma da pesqueira anterior que moitos califican da máis complexa do río Miño nesa zona.

 

A misma pesqueira, fotografía aérea vista dende o outro lado, trátase da pesqueira de Sela, a misma que a anterior. Descoñezo o autor da fotografía. Aquí vese perfectamente a raña.

 

No río Miño son famosas a raña de Sela, as de Canguedo e a de Caldelas, onde hai unha que se chama Apretapiés que seica é unha caida peligrosa. Tamén son famosas as rañas de Fillaboa onde estas aumenta e hai moitas:  Lagastón, Cachón, Paso Peligroso, tamén augas arriba  de Seixeira, onde tanto aumentan que se pode decir que o río Miño é unha raña continua ou unha rañal continua. (Información tomada do libro Miño ¿Existiu unha fronteira?" de Luís Manuel García Mañá, páxina 265.)

 

O río Miño por debaixo de Monçao ten lugares que son sucesións de rañas. Ou sexa remansos e seguidamente desnivel e corrente. En definitiva leitos escalonados.

As ideas de facer ao Miño navegable ata Ourense choca, evidentemente coas rañas...

Salvar as rañas é peligroso, sobre todo ao baixar o río xa que a barca pode atravesarse na raña e ir a pique. O timonel debe ser un experto. Subila é tamén para expertos pero menos.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír dicionario.                  salir.jpg (922 bytes) Sair fotograf. río Miño