Asolagar

      Asolagarse é cubrirse de líquido, neste caso de auga. Así de simple. Tamén vale inundarse, anegarse, alagarse, enlagar, asuagar, asuougar, etc.

      No Incio (Lugo) chámanlle alagas os terreos inundados. Como regla xeral chámanse alagas os terreos cubertos de auga durante o  inverno.

   Tamén se admite a palabra asolago e fai referencia a nadar mergullado baixo a auga.

Ó real é que na provincia de Ourense, quedaron asolagados lugares incribles: auténticas aberracción históricas algunhas e barbaridades outras. Outros lugares foron asolagados con máis lóxica.

Asolagar é un verbo peligroso si leva consigo o verbo asoballar, defenestrar, afundir para sempre e outros moitos.

Algúns asolagamentos famosos en Ourense: 

 

Fotografía de Mani Moretón.

 

Encoro das Conchas (Ourense) feito en 1949, asolagou de todo, dende augas termais, unha das mellores  pontes romanas da provincia, cidades romanas (Aquis Querquennis), calzadas romanas,  escoñou festas que reunian á veciños da comarca, en fin... A luz á cidade de Vigo foi realmente a penumbra histórica  desta comarca.

 

Descoñezo ao fotógrafo. Esta ponte era básica na  zona, moita xente chorou por ela.

 

Esta Ponte quedou asolagada polo encoro citado, o encoro das Conchas.

Trátase da Ponte do Poldrado, unha ponte fundamental na baixa Limia (Ourense). O peor é que fundiu os pobos que unía. Unha auténtica vergoña, poderían facer outra, pero non...

Descoñezo o fotógrafo. A famosa Ponte Pedriña, que  está casi onde o muro da presa.

 

O encoro das Conchas asolagou Ponte Pedriña, moito máis cunha ponte no Limia. Por ela pasaba a Via XVIII chamada tamén Itinerario de Antonino,  e Vía Nova. Monumento nacional no ano 1944. Desaparece no 1948. Unha aberración máis...

 

Descoñezo ao autor desta fotografía aérea.

 

O encoro das Conchas asolagou lugares marabillosos e únicos (non se entende), por exemplo ao "Aquis Querquennis".

Esta ciudade romana foi declarada Monumento histórico-artístico no ano 1981. Fonte:  libro "Val do Lima", un río dos paises.

Por certo foi unha parte dunha andaina de Exaprin, a V andaina,  e tuvemos a sorte de velo sin estar asolagada.  Marabilloso. Podedes ver as fotografías na web de exaprin Ribadavia, bastaría escribir no buscador  iribeiro.es  .

 

Esta fotografía é miña. Ese lugar foi moi visitado por min en algúns anos, había esta pequena presa para auga na zona. Hoxe 2021 hai todo un encoro...

 

Asolagamento do mellor val glaciar de toda Galicia "O Val glaciar do Cenza" preto de Cabeza de Manzaneda e que pertence a Vilariño de Conso.  O río chámase Cenza. Un lugar único, cunha morrena glaciar tamén única en Galicia, outro desastre...

Un encoro feito en 1992 por Iberdrola, que non ten pés ni cabeza. Non respeta nada. Escoñou o mellor valle glaciar de Galicia. Deixou debaixo varios curros antilobos, partes da morrena do glaciar e un lugar incrible...

Deixa cartos ao Concello de Vilariño de Conso en Ourense, eso si é certo, pero xa co que deixaba o encoro das Portas xa se defendían...

 

Esta fotografía é miña. Insua de Preboubo, en Prada (A Veiga-Ourense)

 

Asolagamento do pobo de Alberguería polo encoro de Prada en 1958.

Xusto despois desa ínsua quedou enterrado para sempre o pobo de Alberguería, a 30 m. de profundidade.

Un asolagamento en toda regra. A xente, 103 veciños e mais de 600 persoas tuveron  que emigrar; por certo moi mal pagados, foi claramente un roubo a man armada, e nunca mellor dito (algúns sairon a golpe de fusil)... Penoso..

 

 

Descoñezo ao fotógrafo. Foto do ano 1958.

 

 

Asolagamento do pobo de Alberguería (A Veiga-Ourense) polo encoro de Prada.

Todo un pobo de 103 veciños que quedou debaixo deste encoro.

Na fotografía a punto de desaparecer asolagado totalmente.

O interesado poden ver esta web, sobre este pobo,  da que son autor.

Por certo eu son "fillo adoptivo de Alberguería", e digo esto xa que debo ser único no mundo: ser fillo dun pueblo que non existe...

Un chiste malo pero non sabedes ó orgulloso que estou de ese título, quitando os académicos é o titulo que máis disfruto na miña vida...

 

Para rematar:

Mándame Olga Rodriguez M., unha palabra que dice que era asuougar e que a utilizaban  cando se tiraba algo ao río e se afundía; cando o obxeto iba ao fondo do río lle decíamos á persoa "agora valo asuougar", ou ben cando se "buceaba". Comprobei no Dicionario  Xerais da Lingua e non existe a palabra, pero recollo efectivamente como natural de Francelos, moi preto de Ribadavia e por suposto a carón do río Miño...

¡Gracias Olga!.   Fixeches un bon regalo o noso idioma, do que debemos estar orgullosos.

 

Hai tamén un xogo curioso que en principio pensei que non tiña nome en galego, cousa que me estranaba, o galego é moi rico en palabras.. .pero posteriormente descubro que pola zona do río Navia hai un xogo que se chama "capar o río", xogo onde se lanza unha pedra, ben feitiña, e se vai contando os saltos que dá ata que se asuouga,  ou se asolaga. Ver a seguinte explicación:

Fotografía sacada dun Youtube dos CCR.

 

Descoñezo ao autor deste dibuxo.

O xogo da "cabrilla" en castelán, tamén se chama  "hacer el patito", "hacer la rana" e outros. En galego "capar o río". A nivel técnico epostracismo. Hai lugares onde se fan ata apostas no lanzamento   da pedra; tamén se utilizan pedras especiais...

Na fotografía, sacada dun disco dos CCR (Credence Clearwater Revival, tamén se chaman Credence,  sensacional grupo da miña época,  década de  finais de 1960 e  toda a década de 1970,  pero que inda se escoitan hoxe, a canción é  Have You Ever Seen The Rain ... ¿No viste llover haciendo sol?), en galego podería decirse  ¿non viches o froallo?,   hai unha escena onde xogan a lanzar ao río unha pedriña, mellor un canto rodado,  planiña, e gaña  quen lle de máis botes na auga. Quen de neno, tendo un río apropiado preto,  non xogou a esto?. Seguro que en Ribadavia moitas veces xa que teñen os ríos Avia e Miño que se prestan,  Eu si dende logo. Pois ben os botes vanse contando ata que a pedra se asuague, ou se asolague, ou se asuougue, como dín en Francelos.  Na fotografía gañou a moza que fixo tres botes. Si queredes ver o xogo e oir esa canción marabillosa pulsar este link.

Seguro que en galego ten nome este xogo, seguramente podería chamarse "a cabriña" ou "facer a rá",  si o sabedes lembrádevos deste dicionario e do meu email. Descubro non fai moito, maio de 2022,  que por Navia chámase "capar o río" ver este sensacional link de Galicia encantada coa explicación.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.