|
Río |
 |
Un
río
é un curso natural, vivo,
permanente e
continuo de auga doce que flúe por un leito entre o seu nacemento e a
desembocadura noutra masa de auga continental ou no mar.
Fluir
é correr un líquido; discorrer. Efectivamente no río flúe a auga.
Nas fotografías que siguen (todas do
autor da www) poden verse
auténticos ríos de Galicia. Tamén algunha fotografía dun leito que foi un río e
moitos anos deixou de selo...
|

Río Miño en Arbo.
O pai dos ríos galegos: o río
Miño.
Retorta incríble do río Miño preto de Arbo. Un lugar impresionante é
único, onde inda podemos ver un río : o río Miño.
O río Miño por riba de Frieira non é un río
normal, é un río embalsamado por Fenosa e medio morto pola
contaminación.
O río Miño foi, en tempos, o mellor río
galego en todo. Hoxe estase a convertir nun río moribundo.
|
|
| 
Río Lor, un dos mellores ríos de Galicia.
O río Lor na Labrada,
outro río de Galicia.
O río Lor é para mín, hoxe en xaneiro do 2002, o mellor río
Galego que coñezo, en canto a súa conservación.
Unha auténtica marabilla.
Dende o seu nacemento ata a súa desembocadura no río Sil; preto da Labrada,
ver a fotografía, é un río sensacional.
|
|
|
|

Río Navea, tamén chamado
río Queixa foi o meu río preferido en trinta anos
largos...Hoxe casi no ano 2026 está medio morto.

O río Navea ben
merece esta marabillosa fotografía.
¡Moitas grazas
amigo, sinto moito no estado que estás actualmente!
O río Navea en Ourense,
de momento un río.
O río Navea é outro río sensacional, auga doce, flúe
normal, é desemboca no río Sil, xa non de xeito moi normal.
Sin dúbida no tramo da fotografía inda é un río.
Actualmente ten 15 kms. de río sensacionais. Logo veñen os
encoros que escarallan o río totalmente.
O río Navea é un afluente do río Sil.
Na miña visita en setembro de 2012 vexo
que este río está actualmente na UVI, medio morto sin vida e
cheo de cinza.
Ver este video da miña visita.
Sinto que esté así un río que sempre me
deu moitas satisfacións, pescando, sin pescar, paseando, etc.
No ano 2025 ardeu totalmente o seu
contorno e as cinzas volveron a deixar este gran río na UVI.
|
|
|
|

Río Xares que nace preto de Peña
Trevinca.
Un río tamén fora de serie en
tempos.
Río Xares outro gran río da Provincia de Ourense.
Tamén se trata dun río sensacional dende o seu
nacemento ata a Veiga, a partir dese lugar non é un río.
O encoro de Prada remata con este río. Por
debaixo do encoro ata o Sil a morte aparece a cada paso.
Fotografía do autor da www, xaneiro do 2002.
Couto do Xares.
Un río que xa non é o que era...
|
|
|
|

Río
Xallas. O final está a fervenza de Ézaro.
O río Xallas na súa desembocadura
en Ezaro. Un río morto.
Esto chámanlle un río algunhos dos políticos, tamén os
donos da hidroeléctrica do Xallas.
Para mín non é un río, é simplemente un roubo a man
armada. Unha vergoña.
Trátase dun atentado a natureza e os seres vivos que sin
dúbida habitaban ese tramo de río.
Algún día a Xunta ten que obligar a estas empresas a
restituir o roubado e cumplir a lei.
Ver a fotografía seguinte.
|

Nota sobre o río Xallas:
A Xunta non fixo casi
nada por este tramo, Fraga decretou no ano 2002 que os domingos
as 12:30 tería vida este río o resto dos días non.
Pero a lei si decretou que este
tramo debera ter sempre o caudal ecolóxico. Esto pasou no ano
2011. "Ríos Vivos" ganou un pleito a Ferroatlántica que lle
obliga a cumplir a lei: deixar caudal ecolóxico.
Agora si é un río...inda que sexa cativo...Xa
sabedes o do difusor e a pedra...Ver neste dicionario fluvial o
tema de caudais ecolóxicos.
Este é un exemplo...
|
| |
Agora si podedes ver sempre como este río, o río
Xallas, desemboca no mar nunha fervenza:

Esta fervenza está a 1 km. do encoro anterior. Agora podemos vela
todos os días...
Esta páxina, síntese orgullosa de reivindicar dende 1998 que esto
pasara, por lei...
---------------------------------------------------------------------------------------
Os ríos sabedes que van disminuindo a sua
pendente dende o nacemento ata a súa desembocadura noutro río ou
no mar, por lóxica para moverse a súa auga terá que ir
sempre da maior pendente ata a menor.
.jpg)
Vedes no perfil do río Miño, nos 307.5 km.
que ten de lonxitude as tres etapas de tódolos ríos: no
curso alto normalmente leva unha
pendiente moi pronunciada e polo tanto unha forte corrente que
se traduce en ferbenzas e saltos de todo tipo, o desgaste do río
é grande. No curso medio vai máis
de vagar é o lugar dos meandros, o desgaste é moito menor.
Finalmente no curso baixo o río
vaise ensanchando, vai moito máis lento ata desembocar neste
caso do río Miño no mar.

O río Miño de mozo. Curso alto.
Fotografía de J.M.Galaico.

Río Miño no curso Medio. Que
conste que o exemplo non é o mellor, nesta zona quere volver ser
xoven...Fotografía Secundino L.
.jpg)
Curso baixo do río Miño, preto da
desembocadura.
Hai ríos que mocean de vellos, pero son os
menos. O río Xallas é un deles...

Río Xallas, un auténtico
mozo na súa desembocadura no mar, en Ézaro. Debe ser
o único de Europa, non é normal. Eu penso que se
debe cabrear xa que o teñen en moitos tramos preso e
aproveita para reivindicarse...
--o--
Aproveito a palabra río para
reivindicar uns ríos vivos:
Nos meus traballos de internet,
entre outros a páxina Os ríos galegos, nos que está este dicionario,
quere mostrar tres cousas:

Primeiro: mostra-la
vida dos nosos ríos e polo tanto mostrar o gran dano que se fai
cando se atenta contra esta vida.
Segundo: pretender
que o internauta descubra por qué razón algunhas persoas amamos con
paixón os nosos ríos e defendémolos diante dun mal chamado progreso
que non os respecta.
Terceiro : Fomentar
con este traballo a afección a visitas a natureza, para
coñecer estes seres vivos que habitan as nosas ribeiras, que
sen dúbida é o mellor e máis natural que temos en Galicia. "
O descoñecemento é unha das causas graves da desgraza humana" dicía
Epicuro e é certo.

Remato cunha poesía de Eduardo Moreiras (1914-1991) , gran poeta galego,
chamada "Ríos da Miña terra". Nela fala dos
lugares que frecuenta, por unha parte as terras da montaña do Lor, os cumes
e aldeas e por outra o Soldón, os dous afluentes do río Sil.

Fotografía de Santiago Parra ou Celia Díaz
Río da miña terra.
Miña terra fermosa
anda entre ríos deitada.
Cumes do Driz esgrevio
onde Deus acouga
celeste ensono de pobos montañeses
no verdor do souto,
levan a cantiga azul do Lor
ao corazón da valgada.
Na outra banda, Soldón mozo,
sin pontes nin brasóns,
agora fosco de escumas e carraxe
aferrollado nista patria miña.
I o Sil nobre
e soio
a percurar imaxes de amor,
lembranzas dista terra viva
polos canles do ceo.
(Os nobres carreiros)
A poesía e a fotografía estan copiada do libro:
Voces da Terra. Quiroga e os seus Escritores,
un sensacional libro, moi traballado, de Celia Díaz Núñez. Publicado por
GraFic-Lugo, S.L. en 1995.

Saír.
|