Feiticeira

 

 Feiticeira  (dicionario Xerais da lingua) é unha persoa que supostamente posúe poderes sobrenaturais, o que exerce unha influencia, xeralmente negativa, sobre as persoas ou cousas mediante palabras, xestos ou signos estraños.

 

Son famosas as feiticeiras de Arbo e Melgaço no río Miño.

 

O río Miño entre Arbo e Melgaço, parece que aquí é onde actuan e actuaron as chamadas feiticeiras

    "Quem atravessar o río Minho en Melgaço há de levar na boca um seixinho para durante a viagem nao poder falar se as feiticeiras se meteram con ele".  (Leite de Vasconcelos 1931,70, en Alonso Romero F 1996,75).

Vamos que para atravesar o río en Arbo e Melgaço o mellor é levar unha pedriña, un coio pequeno na boca para non poder falar en ningún caso.

---------------------------------------------

As feiticeiras amedoñan ás personas dunha e doutra beira que cruzan o río Miño, sexan pescantíns, barqueiros ou calquera tipo de xente, que deben levar croios entre os dentes para así non repostar ás súas palabras enmeigadas. Son fermosas e poden engailar os mozos, que os levan as profundidades e xa se sabe.

O parecer estas feiticeiras aparecen exclusivamente no río Miño. As veces fálase das feiticeiras do río Sil pero alí chámanse aureanas feiticeiras que cita Lamas Carbajal no seu famoso poema As aureanas do Sil, que se dedicaban a recoller e levigar as pebidas de ouro  ademais da labor típica feiticeira. O feito de traballar coas pebidas fainas distintas.

As feiticeiras de Arbo e Melgaço son outra cousa.

O parecer cando alguén abre a boca para falar métense por ela cara o cerne do corpo da víctima, respostando esta crenza á medieval que cría na entrada dos diaños e certos intres do xantar e do falar. Daquela a alma podía ser posuida por eles, ata ser expulsada por certos medios como osexorcismos, en diversos santuarios cristiáns.

O parecer tamén actuaban contra as embarcacións e a pesca. Para actuar neste caso dábanlle unha tunda cun pau a rede e repetían ¡Ah desgraciada! ¡Toma! ¡Toma!. Si o volver a botar a rede esta flotaba é que as feiticeira inda estaba na rede, volvían a facer o mismo cambiando as palabras por ¡Sae de aquí, filla de puta!. (Alonso, E. 1984, 353)

Este dibuxo da feiticeira aparece no libro citado.

  

 

Nota: o texto anterior está sacado do libro "A flor de auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais. Un libro do 2006 no que se recopilan lendas de Galicia que teñen relación coa auga. Merece a pena.

        

Sair