Bosque de Galería. 
   
	Chámanse Bosques de Galería
    	e tamén Bosques de Ribeira
    	o conxunto
    de árbores, plantas, arbustos e lianas que están a carón do río. En
    realidade trátase dunha estreita rengleira verde de árbores que gardan o
    río. Tamén se chaman bosque ripario,
    	souto ribereño, 
	bosque
    húmido. 
	É de vital importancia para o río e
    forman, efectivamente, bosques auténticos con seres vivos que dependen
    únicamente destes  bosques. 
	Hoxe estanse estropeando
    (desfacendo)  bosques de galería básicos para a nosa vida  no futuro. 
    Un progreso mal
    entendido e que soio mira o bolsillo. Lamentable... 
	
    
      
      
        
          
            
				  
				  
				  
				  
				Exemplo típico de bosque de Galeria. Na
            fotografía, do autor da www,  vese un tramo do río Camba, preto de
            Vilariño de Conso en Ourense.
				 
				As árbores neste caso son amieiros e
            bidueiros, probablemente algún salgueiro. 
				Nesta fotografía teñen o abrigo de
            inverno, ou sexa non teñen follas. 
				É unha magoa que o río case non leve auga,
            polo de sempre...os encoros e o caudal ecolóxico... 
				Por certo o Camba é un afluente do Bibei, e
            era un río fora de serie. 
				Fotografía do ano 2000.  
			 | 
         
        
          | 
              | 
         
        
          
            
				   
     
				Bosque de galería típico.
				
				 Río Barbantiño en Ourense, por debaixo da
            fervenza, un día que non traballaba a minicentral de Engasa. 
				Son
            moi frondosos no verán e no inverno quedan prácticamente espidos. 
				Son
            auténticas marabillas da natureza. 
				Foto
            do 2001  
			 | 
         
        
          |   | 
         
        
          
			
				  
				  
				  
				  
				Outro bosque de galería típico. Río Viñao preto da súa
            desembocadura en Salón,  no río Avia.
				 
				A fotografía está sacada no inverno. No
            verán non se vería o río, xa que se cubre das ramas das árbores
            que tapan absolutamente o seu canle. 
				Hoxe, xaneiro do 2002, da gusto, xa que leva
            auga. En tempos este tramo estaba seco. Desenrolo sotenible lle
            chaman a esa desfeita. 
				Foto do 2002 
			 
           | 
         
        
          |   | 
         
        
          
			
				  
				  
				  
				  
				Outro exemplo.
				 
				Son bosques moi sombríos no verán, teñen
            polo tanto características propias. O seu habitat é moi peculiar. 
				Neste caso trátase do río Barbantiño, que
            ten un bosque en galería típico e que está moi tupido. 
				Foto do 2001. 
			 
           | 
         
        
          |  
           | 
         
        
          
			
				  
				  
				  
				  
				Bosque de Galeria típico do río
            Arnoia en Ourense.  
				A fotografía está sacada polo autor da www
            na zona de Puentegrande, unha zona, en tempos, paradisíaca para a
            pesca da troita. 
				Trátase de amieiros e 
				bidueiros. 
				Hoxe é unha magoa. 
				Foto de 1975.
				
			  
           | 
         
        
          |  
           | 
         
        
          
			
				  
				  
				  
				  
				Bosque de Galería típico. Na
            fotografía a maioría son bidueiros, pero tamén hai salgueiros e
            	ulmeiros, cousa nada común en Galicia.
				 
				A fotografía do autor da www está sacada
            no río Lubian en Zamora. 
			  
           | 
         
       
      
      
        
		Bosque de ribeira, neste caso do río Barbantiño. Neste bosque 
		abondan os amieiros, carballos, freixas e moitos fentos reais. 
      
      
    	O bosque de ribeira do río Barbantiño entre a 
		estrada que vai a Amoeiro e a minicentral que se fixo no 1998 era dos 
		mellores bosques da provincia de Ourense. Hoxe está moi arruinado xa que 
		moitas veces non leva auga o leva moi pouca e as árbores así van 
		morrendo, na fotografía xa se nota este desastre. 
     
      Saír. 
   
 
		   |