Amecar.

O golpeo da auga nunha fervenza ou seimeira chámase "amecar a auga".

Eu,  non coñecía esta palabra ata que o diario "O Sil" publica no número 128, en febreiro do 2007,  da man de Clemente Pérez Arias un artigo que chama "O amecar da auga". Fala dunha ruta de senderismo cara a fervenza do Fírbida en Calvos de Randín...

Tamén se dice estarabouzar, pero referido a un ruído desagradable.

A palabra gústame e dende logo conservo a lembranza do amecar da auga de moitas fervenzas e outras. Poño tres exemplos impresionantes:

 

Fotografía de Secundino Lorenzo. Autor da www.

Este amecar da Fervenza do río Toxa en Bandeira era impresionante e vivino de primeira man , xa que fun o autor da fotografía. Impresionante amecar... O río Toxa é un afluente do río Deza.

(Auga de xaneiro do 2001. Fora de serie. Fotografía do autor da web)

A fotografía está sacada a noitiña nun día de xaneiro do 2001. Realmente metía medo.

 

......

Fervenza do Cenza, Sin dudalo, a maior de caída non directa, de Galicia. Está situada en Vilariño de Conso ( Ourense) , e tamén está afectada por un encoro que nunca se debeu facer, situado no val glaciar do Cenza.

Espectacular e probablemente a maior de Galicia.

O seu amecar tuvo que ser impresionante. A fotografía non é miña.

   

Encoro de Belesar, río Miño, ano 2001. Era impresionante o amecar da auga xusto por baixo da fervenza, onde está o túnel do encoro. Daba medo. Ademáis púñase un como un cristo, realmente mollaba,  inda que eu estaba a uns 150 metros da caída.

¡Impresionante amecar da auga!

salir.jpg (922 bytes) Saír.