Trubisqueira  

Poño esta palabra xa que a escoitei nunha canción cantada polo grupo Malvela de Mos-Porrillo e chamoume moito a atención. A canción leva por título Trubisqueira.

Está claro que a palabra trubisqueira, no contexto da canción do grupo Malvela,  fai referencia a herba trubisco, como insulto. "...Chamáchesme trubisqueira, herba que o gando non come..." . Inmediatamente contestan que "...máis vale ser trubisqueira que muller de ruín home..."

O  trubisco (tamén se chama trobisco) é un arbusto, que inda hoxe se utiliza como veleno activísimo. As follas machacadas son velenosas para as troitas e peixes. Con este arbusto fixéronse auténticas salvaxadas nos regatos de montaña na provincia de Ourense.

 

 

 

O trobisco, matapolos en castelán, é unha planta tóxica en tódolos aspectos. O seu froito é carnoso, primeiro verde pero finalmente ten cor bermella.

Ver a fotografía , máis abaixo...

 

 

 

 

Tamén se utilizaba para sanar as orellas unha vez que se facía o burato para os pendentes.

Tamén como  insecticida, para matar piollos, formigas, e chinches.

Algúns paisáns utilizan o trubisco ou trobisco como potente veleno para matar peixes nas pozas dos ríos galegos. Así é citado en diversos libros, entre eles "Un verán en Galicia" 1911 da Inglesa C. Gasquoine Hartley. 1911 editado por Galaxia. Tamén o cita Juan José Moralejo no seu libro "Guía para pillar as troitas. Miñas señoras". Editorial Galaxia 1981,  entre outros...

 

 

 

En realidade trátase dun : Arbusto de talos erectos. de corteza parda e altura non superior os 2 m.

Follas simples, alternas, lanceoladas e sempre verdes e enteiras

 Fruto de tipo drupa, verde inicialmente e bermello o final.

Os froitos son velenosos.

É unha herba que o gando non come, non lle senta ben.

Ten de positivo o que se utilice como medicamento para varias doencias, como queda dito.

 

 

 

En galego chámase con moitos nomes: chorobisco,  churbisco, matapulgas, torbisca, trobisco, truvisco, turbisco.

A canción, que fai referencia a trubisqueira, como insulto a unha muller  pódese oir en Youtube:

Chamáchesme trubisqueira, ai si , si,

cháchesme trubisqueira, ai si, si, ai no, no 

herba que o gando non come, ai si, si

máis vale ser trubisqueira ai si, si, ai no no ,

que muller de ruín home, ai si, si.

 

 

A canción ten a seguinte letra:

Chamáchesme trubisqueira, ai si , si,

cháchesme trubisqueira, ai si, si, ai no, no 

herba que o gando non come, ai si, si

máis vale ser trubisqueira ai si, si, ai no no ,

que muller de ruín home, ai si, si.

 

Xa me dicho teu pai

que te saque a bailar

e no medio do baile

que deixe quedar (bis)

ai si ,si, ai non, non

xa me dicho teu pai

que te saque a bailar.

 

O río cando vai cheo ai, si, si

o río cando vai cheo ai, si, si, ai non, non

leva carballos e follas ai si, si

tamén podía levar, asi si, si, ai non, non

as linguas marmuradoras, ai si, si

 

Xa me dicho teu pai

que te saque a bailar

e no medio do baile

que deixe quedar (bis)

ai si ,si, ai non, non

xa me dicho teu pai

que te saque a bailar.

 

Salqueiro verde no río, ai si, si

salgueiro verde no río, ai si, si, ai non, non

cuberto de flores brancas, ai si, si,

como queres que te queira, ai si, si, ai non, non

sendo ti galán de tantas, ai si, si

 

Xa me dicho teu pai

que te saque a bailar

e no medio do baile

que deixe quedar (bis)

ai si ,si, ai non, non

xa me dicho teu pai

que te saque a bailar.

 

Vou da-la despedida, ai si, si

Vou da-la despedida, ai si, si, ai non, non

por riba dun pau de xesta, ai si, si

aquí está a boa xente, ai si, si, ai non, non

aquí está a xente na festa, ai si, si.

 

Xa me dicho teu pai

que te saque a bailar

e no medio do baile

que deixe quedar (bis)

ai si ,si, ai non, non

xa me dicho teu pai

que te saque a bailar. (BIS)

 

Chamáchesme trubisqueira, ai si , si,

 

salir.jpg (922 bytes) Saír a dicionario.              salir.jpg (922 bytes) Saír a música.           salir.jpg (922 bytes) Saír a río Miño.