Unha
pesqueira non é máis que unha
construción, feita nun río, as veces moi complexa, aproveitando un lugar natural, xeralmente un rochedo, de tal
forma que o conxunto se habilita para a pesca, ou sexa en base a un muro
ou varios, derívase a auga para un portillo estreito, no que se axusta
unha rede especial para pescar principalmente lamprea ou
anguía, pero tamén o salmón, o sable e outros peixes. Na súa construcción tiveron
moito que ver xente que entendía as correntes dos ríos e eran grandes
canteiros.
Localmente en Galicia unha
pesqueira pode recibir os nomes de
caneiros, caneiras, pesqueiras, pescos , arcas e outros nomes... O
denominador común a todas elas é que se trata de arquitecturas para a pesca,
son todas barreiras fixas dispostas nos ríos, ben feitas de pedra ou madeira
e que sirven para colocar redes ou artes de pesca. (Texto sacado do libro
"A pesca tradicional dos ríos de Galicia" de Lois Ladra.
Estas redes que se axustan entre os
poios chámanse viturón
ou vutrón. Tamén se chama
Nasoura. Outros nomes son Armadilla, galero
(Cabe), naso
(no Páramo), rede sapeira
no Ulla e piagueira
(en Toén).
A pesqueira tamén se chama
pesco como xa está dito. Os caneiros son unha
variante zonal das pesqueiras ou pescos.
No río Tambre na parte baixa tamén se
chama rodeiros.
Os
pescos do Ulla
(en Herbón) son un pouco distintos dos pescos do Miño,
pero no fondo a base é a misma, cambian un pouco no tamaño das
pesqueiras e polo tanto nas redes. Estos pescos actuan o revés que os do
Miño, debido a corrente, os do Miño están postos río arriba (o buitrón
está en contra da corrente, a lamprea sube e entra na rede); os de
Herbón están o revés.
Había pesqueiras en moitos ríos,
como no Navia, Lima (Limia en Portugal), Támega, etc.
Vexamos algunhas pesqueiras ou pescos
do río Miño, no baixo Miño,
( ver o esquema o final):
Pesqueiras en Arbo.
Estas fotografías están sacadas dun
traballo marabilloso feito por Consultora Galega S.L. con
miras a poñer en valor estas pesqueiras tranfronterizas do
río Miño entre Arbo e Salvaterra.
Por poñer un exemplo a da dereita da
fotografía de tres poios e un rabo.
Están construidas de forma que as enchentas non as desfagan.
Tamén estudiando as correntes para que por comodidade e menos
forza da corrente a pesca vaia por ese lugar precisamente...A da
fotografía é un exemplo moi claro, ademais ten na outra beira o
complemento, son o que se chaman pesqueiras de rabo cruzado...
|
|
Pesqueira do Cachón.
De tres metros de alto. 1,5 m de ancho onde se pon a rede ou
biturón neste caso e 20 metros de lonxitude.
Estas pesqueiras teñen dono e algunhas son
explotadas.
Concretamente no ano 2007 estaban
autorizadas 178 das 341 que había no río.
Os encoros de Frieira fixo desaparecer
moitas destas pesqueiras, aparte das anguías e salmóns. Hai
progresos que matan...
|
|
Pesqueira de Raña de
Sela.
Esta pesqueira que está situada a altura
da Estación de Sela, a Pesqueira chamada Raña, é unha pesqueira
incrible. É unha das máis sofisticadas.
É das chamadas de rabo cruzado e componse
de son 5 poios, cada un máis baixo que o anterior e realmente cruza o río obligando a pesca a
meterse a esta parte e ser pescada cando sube.
Cada poio ten sobre 10 metros de largo,
unha anchura entre eles de 1 a 1,5 e unha altura de 2 metros.
Van baixando en altura de máis a menos, ata o rabo.
|
|
Descoñezo o autor da fotografía.
Pesqueira de Raña.
Nesta fotografía de Google vese
perfectamente a forma da pesqueira anterior que os autores do
traballo califican da máis complexa do río Miño nesa zona.
A misma pesqueira, fotografía aérea vista
dende o outro lado, trátase da pesqueira de Sela, a misma que a
anterior. Descoñezo o autor da fotografía.
Tamén a pesqueira de Sela. Esta fotografía
é miña.
Ten 100 metros en total. e está feita cun
cálculo extraordinario de forma que se pode andar por elas e
colocar os vituróns para facer a pesca.
Fora do río incluso teñen un alpendre
para gardar as redes, etc.
|
|
Esquema dunha pesqueira ou
pesco. Observar como se coloca o viturón o revés da corrente, ou
sexa coa parte da boca, o bocal en primeiro lugar e logo o
resto río arriba.
Viturón. (Sacado do libro
citado)
Esquema dunha pesqueira
ou pesco do río Miño:
No dibuxo tomado de Caamaño,
2003, 415 e que aparece no libro "A pesca tradicional nos ríos de
Galicia" de Lois Ladra vese unha pesqueira con 4 poios e un
rabo.
Entre eles os marcado con unha b están as redes ou vituróns.
A flecha posta por mín son as lampreas,
salmóns ou sabalos que veñen río arriba subindo e que escapan da
corrente forte e se meten o recanto que fan as pesqueiras no río
e logo entre os poios, caendo no viturón.
Este é o esquemas dos pescos ou pesqueiras.
Por baixo está a rede que se coloca entre
os poios: o viturón, tamén chamado vutrón, voteirón, nasoura
entre outros nomes...
Na figura tendes as súas partes:
embidadoiro, bocal, cernelleiro, meal, rabicheiro
e gancho.
A productividade dun pesco, decíase fai
anos, que era boa cando daba 1000 lampreas o ano. En 1908 habíe
en 25 km. de río Miño 700 pesqueiras.
Hai pesqueira especiais para lanzar a
cabaceira que é unha rede dunhos doce
metros moi pescadora.
|
Nesta fotografía vese como se asenta un
viturón entre os dous poios. Descoñezo o autor da fotografía.
Aquí xa se ve asentado o
viturón,
realmente amárrase na parte de adiante os ganchos e por
detras ponse tenso como se ve na fotografía sacada do libro
"A pesca tradicional nos ríos de Galicia"
Nesta fotografía de Eliseo Alonso vese perfectamente
un viturón.
O viturón queda amarrado o poio nunha pedra
que se chama lapadoiro, que amarra unha cadena o bocal do viturón,
tamén queda amarrada o gancho final, todo colócase cunha vara
axeitada para acompañar a rede ata abaixo. Trátase dunha rede
cónica, que se abre por medio dun arco en forma de U que normalmente
era de loureiro, pero logo de ferro. Logo dentro van unha segunda
rede en forma cónica, ata tres. O obxetivo é que a peza entre e non
poida saír. Normalmente teñen dous metros de lonxitude e quedan
tensas nos ríos.
Normalmente o viturón queda armado a
medianoite e levántase cada dúas horas, por suposto de forma inversa
a como se coloca.
O viturón tamén se utiliza para coller
troitas, escalos, muxos, sabel e outros.
O Redeiro basto é un
pano cortado e cosido formando un pano de 10 metros de longo e que
se coloca amarrado ás pesqueiras en Arbo e Melgaço, sen armazón, A
modo de boia leva unha cabaza.
Especial pesqueiras de Arbo a Salvaterra
de Melgaço a Monçao
Para rematar
é moi interesante o traballo feito sobre o río Miño
"O Miño sereno", onde nun capítulo dedicado ao Miño
internacional trae un video de 9 minutos falando,
unha familía, sobre as pesqueiras entre Arbo e
Salvasterra e Melgaço e Monçao.
Merece
a pena velo.
Un gran
traballo si señor. Noraboa.
----------------------------------------------
Nota sobre os pescos do
Baixo Ulla, en Herbón
No río Ulla, concretamente en Herbón hai
outro tipo de pescos, no fondo é o mismo pero con outra técnica
máis adaptada o río Ulla.
Chámanse canais, pescos ou pesqueiras do
río Ulla.
Estos que se ven nesta fotografía do río Ulla, non
son moi distintos das pesqueiras do río Miño.
Estes tamén do río Ulla si son distintas as pesqueiras
do río Miño.
En xeral os pescos da parte Baixa do Ulla, por
Herbón por exemplo son construcións feitas tamén de cachotes de
granito formando varios poios pero en perpendicular o río e
alineados lonxitudinalmente. Nas bocas colócase posteriormente a Cangalla, que leva unha vara en forma de P e a rede.
Ármanse de dúas en dúas por cada boca, de forma horizontal,
Utilízanse tamén para pescar lamprea.
Pescos por riba do convento de
Herbón. Febreiro do 1999. Fotografía sacada do libro
"A pesca tradicional nos ríos de Galiza" de Lois Ladra.
Na fotografía vense tre poios e as
bocas correspondentes onde se instala a cangalla coa rede.
Evidentemente para elo necesítase de embarcacións axeitadas.
Ver
esta ficha para máis detalle.
Tamén ver este video
Jara e Sedal. Video.
Aquí
Miguel
Piñeiro explica de forma maxistral a pesca da
lamprea en Galicia, dende as pesqueiras
ata os Baleiros do baixo Ulla,
naseiros de Cesures. pasando polos Estacadas con arpón no
río Tea e as Cangallas nos caneiros de Herbón. Unha
marabilla de video que recomendo.
Sobre as Estacadas con Arpón que se utilizan
para pescar a lamprea no río Tea recomendo velas no video citado
anteriormente
Jara e Sedal. Video.
trátase dunhas pasarelas paralelas a un
sistema de focos que fan que pola noite se ilumine un paso do río
polo que atravesan as lampreas e dende a pasarela clavalas cun
arpón.
Saír dicionario.
Sair
fotograf. río Miño
|