POSTURA DA TROITA.
En xeral chámase postura a maneira de
dispoñe-los membros do corpo unha persoa ou animal.
Neste caso a postura é referida a troita.
Un troita está en
postura, decimos os
pescadores de troitas, cando está no comedeiro que ten habitualmente ",
lugar onde lle chega a máxima comida co mínimo esforzo", e ademais
nunha actitude de tomar os cebos que se lle presenten para engañala.
As posturas tamén se chaman
apostales, e
falando da pesca da troita tamén se fala de pescar nas
botas. Tantear os
apostales ou tantear
as botas.
A continuación mostro dúas fotografías
sensacionais de troitas en postura.
A fotografía é de Carlos Sanz,
un biológo que tamén se dedica a este tipo de fotografía.
Mostra a troita común, Salmo Trutta Fario
na súa postura, disposta e atenta a coller o seu alimento ou o que
veña.
|
|
Na fotografía do grupo W.U.A.
que se dedica a fotografía submarina, vese tamén unha troita
común en postura.
Dende fora da auga non é doado ve-la troita
en postura, inda que coñecín pescadores que eran auténticos
linces a hora de ver a troita en postura.
Normalmente, os que non temos esa cualidade
moi desenrolada aplicamos a "lectura do río" que tamén
é un arte.
|
|
No dibuxo vese o leito dun río así como o
sentido da corrente. Pois ben, as troitas que se ven están en
postura, ademáis unha postura típica xa que aproveitan un pequeno
remanso para dominar a corrente que é a que realmente lle vai traer
a comida. Desta forma tamén están un pouco escondidas e non están na
corrente misma.
Observar que a troita normalmente está
coa súa cabeza río arriba ou sexa en contra da corriente. Esta
postura é natural xa que está vendo a comida que lle ven río
abaixo. Por suposto que esta regra ten as súas excepcións...No
río hai remansos que moitas veces está producido polo obstáculo
que hai na corrente, neses lugares a troita pode estar o revés,
observar no dibuxo seguinte, xa que puxen dúas troitas o
revés...
|
No dibuxo vense distintas posturas
según sexa (de dereita a esquerda) a desembocadura dun regato,
unha pedra no medio do río, un remuiño na dereita, unhas
arrabazas no medio e a dereita e mismo na beira ou ben un corte
de pedra no río no que a postura é mismo a beira.
|
Saír.
|