A  VELLA

 

En Galicia, hai en moitos ríos troitas de moito peso.  son as chamadas, nos lugares a pe de río, e sempre falando de pesca da troita,  A Vella e tamén  troitón.

Probablemente sexa o río Miño e os seus afluentes os que dan as troitas máis grandes. Pola miña banda a troita maior que vin na miña vida, troita autóctona por suposto non pachangas ni troitas arco iris, foi de 8,5 kg e pasaba dos  90 cms, foi pescada no río Avia en Bieite (Ourense). Fai uns días que atopei a fotografía desa troita, sacada en Ribadavia por Foto Chao. Vela máis abaixo. 

Documentada está unha troita de once kg. pescada no río Avia en Leiro, creo que entre 1976 e 1980,  teño a referencia do corresponsal de La Región de Ribadavia Pepe Puga, un amigo xa fallecido.

 Fálase de troitas de 18 kg,  concretamente no río Miño a altura de Chantada pero non hai datos reais deste feito. No libro "Un verán en Galicia" escrito en 1911 por unha inglesa que veu a pescar a Galicia co seu marido, C. Gasquoine Hartley,  cítase no río Sil unha troita de 15 kg.

No que sigue hai algunhas troitas grandes pescadas nos ríos de Galicia. A troita da fotografía é do río Miño e pesou 6 kg. Normalmente en términos de pesca fálase da vella, para referirse a estas troitas grandes.

 

Ver algunhas troitas vellas   

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Algunhas troitas grandes que seguro eran A VELLA dos pozos dese río.

Santiago Lemos de Ourense, un seguidor da miña páxina e quen aparece na fotografía, dime que hoxe ten 35 anos, pero que cando tiña quince, que corresponde a fotografía,  foi pescada esa gran troita que casi pesaba 6 kg. A troita é do río Miño por Nogueira en Chantada.

A troita foi pescada por unhos curmans do seu pai.

Dime que o seu pai conta que o seu abó pescou no río Miño, "cando era río", unha troita de 18 kg.

Darlle as gracias a Santiago que tamén me mandou outras fotografías.

 

 

Troita bastante boa conseguida polo meu amigo Quico, Francisco Bouzas (D.E.P.), que foi Presidente da Asociación de Pescadores de Ribadavia, cando eu estaba traballando precisamente nesa vila e collín a gran aficción que teño a pesca actualmente...

Non sei os kgs. que botou,  pero polo tamaño e o aspecto andaría polos seis kgs.

Troitas deste tamaño había moitas no río Avia e por suposto no río Miño.

Non era doado collelas, pero especialistas había. Daquelas pescábase moito con peixe vivo. Hoxe está prohibido...

A fotografía é da súa filla Mª José e está sacada do seu blog.

Onde estés amigo unha aperta.

Tamén a seguinte...

 

 

 

Troita sensacional, observar que está moi delgada pero que pasa do metro de lonxitude. Foi conseguida polo meu amigo e compañeiro de traballo Braulio, Braulio Soto (D.E.P.); que fai pouco nos deixou.

Non sei os kgs. que botou,  pero polo tamaño e o aspecto andaría polos cinco kgs.

Troitas deste tamaño había moitas no río Avia e por suposto no río Miño.

A fotografía está sacada do blog "Cajón de los recuerdos". Na foto aparecen Javier Miguez e Braulio Soto, Xavier ten a cesta chea de troitas.

Tamén a seguinte é do río Avia en Ourense...

Braulio falleceu recentemente.

Onde estés amigo unha aperta.

 

Esta penso que pode ser a famosa troita dos 8,5 kgs. collida no río Avia preto de Bieite, ou ben a de 11 kg. e 1,04 m. collida en Leiro.

 

Si é a de Bieite botou  90 cms de longa, mentras que si é a de Leiro seica tiña 1,04 m.

 

O problema da fotografía é que se ve que se trata dunha montaxe típica, polo tanto é imposible trazar referencias.

 

Non vexo como o pescador colle a troita, eu penso que troita e pescador son fotografías distintas.

Esta seguro que foi A Vella da presa de Bieite.

 

 

Este exemplar de troita foi pescado seguramente no río Miño en Castrelo, tratase dun exemplar que supera o metro de lonxitude e que seguramente andaría polos 8 kg.

Troitas deste calibre colléronse en tempos no río Miño.

Na fotografía vese a Lebón, José Luis García Lebón,  o pai de Álvaro,  un amigo para mín nos meus tempos de Ribadavia anos 1968-1977.

Lebón faleceu recentemente.

Onde estés amigo unha aperta.

Seguro que foi unha das moitas "Vellas" que houbo no río Miño,  no que inda quedan algunhas...

 

Esta troita (moi parecida a anterior de Lebón),  que apenas se distingue (a calidade da fotografía é minima, 21 kb.) bate tódolos recors das troitas anteriores xa que ten unha peculiaridade, foi pescada nun pequeno regato de Lalín en maio do 2010. A troita pesou 7,5 kg. e medía 94 cms. Unha troita moi grande máxime si se coñece,  como é o meu caso,  a tosta onde foi pescada, nun regato o río Seixas que é un afluente pola esquerda do río Deza.  Observar a proporción da troita, totalmente estilizada cunha cabeza moi grande e unha proporción aproximada 5:1.

A troita resulta incrible que pudese vivir nesa tosta de non máis de dous metros de profundidade e non moi longa.

Seguro que foi A Vella do río Seixas.

salir.jpg (922 bytes) Saír