Labazas
As labazas édon plsntas acuáticas, concretamente os Ranunculus fluitans, entre outros, que se atopan nos ríos en moitos lugares. Ch´manse tamén arrabazas en moitos lugares.
Río Miño en Ourense cheo de labazas.
Poño estas plantas no meu dicionario fluvial xa que no vovsabulario do libro de Eliseo Alonso "Pescadores del río Miño" trae esta entrada cunha cousa moi curiosa. Seica as lavazas marcan según a súa inclinación si sube a marea ou baixa. Evidentemente Eliseo está a falar dos pescadores do Baixo Miño den Tui ata a Foz, xa que neses lugar sube ou baixa a marea e dende logo é moi importante para a pesca.
Lavazas en flor. Na foto "as froliñas color de ouro e marfil...de Rosalía de Castro".
As labazas danme pé para poñer un trociño dunha poesia de Rosalía de Castro, de Cantares galegos, marabillosa e que sabendo que estas froliñas atópanse doado en tódolos ríos de Galicia enténdese mellor:
Pasa, río, pasa, río
co teu maino rebulir;
pasa, pasa ante as froliñas
color de ouro e de marfil,
a quen cos teus doces labios
tan doces cousas lle dis.
Pasa, pasa, mais non vexan
que te vas ao mar sin fin,
porque estonces.¡ai, probiñas,
canto chorarán por ti!.
Rosalía de Castro que gran poeta tuvemos en Galicia, que marabilla de poesía, que sensibilidade, que detalles...
Fotografías de Secundino Lorenzo. O autor do dicionario fluvial.