EMPEDRAR UN RÍO.

        Por EMPEDRAR un río  enténdese cubrir o leito do río, o canle, ou o chan con pedras de xeito que quedan adaptadas unhas a outras, o que se dice encementadas.

É unha nova figura incrible que se fixo en Galicia ademais co beneplácito das autoridades competentes: Medio Ambiente, Confederación hidrográfica, alcaldes, concellais e outros entendidos e especialistas nestos temas. Inda por riba con cartos de Europa...

Sobra que diga que é unha auténtica aberración; para que me poidan entender os nenos e algo así: imaxinarse que temos fame e os nosos país poñen por riba da mesa os manxares que vamos a comer, pois ben, empedrar o río sería poñer por riba desos manxares pedrar unidas unhas a outras,  encementadas, pero por riba da comida.

Ollo que a comida quedou debaixo...

Unha auténtica animalada. Pois eso... Por certo os nenos saben de sobra que o leito do río é para as troitas e para os peixes e outros seres vivos a mesa de comer...

O peor é que nesa mesa non comeran nunca.

Ver algúns exemplos de empedramento de ríos en Galicia, hai moitos máis:

 

O río Cenza, en Vilariño de Conso (Ourense) convertido nunha piscina.

Ata o leito está encementado. Por certo foi encementado sendo couto de pesca da troita. Hai que ter cara...

Para facer esta marabilla tuveron que cortar todo o bosque de Ribeira que había no lugar.

Este é un exemplo (sobre 200 millóns das antigas pesetas) de onde se invirten algunhos cartos de Europa: en queimar o río en máis de douscentos metros...

O pobo de Vilariño de Conso non tiña depuradora, pero fixo esa  piscina incrible.

......  

Peares Ourense-Lugo. Plan Procer.

O río Búbal, nos Peares, convertido nunha piscina.

 Ata o leito está empedrado, con bloques de granito. 

Realmente a mín dame noxo ver estas barbaridades que se están facendo a conta dos nosos cartos en Europa.

Logo ves que no pobo non hai alcantarillado ou votan toda a merda o río ou outras barbaridades.

Análisis dun exemplo:

Así era o lugar, así o río Cenza. As árbores eran a maioría amieiros e salgueiros, tamén algun castaño centenario.

O mismo lugar anterior. O río Cenza, que era couto de pesca da troita  nese lugar, foi empedrado dende a ponte para abaixo.

O resultado final foi este. Ano 2000.

O meu comentario, feito naquela ocasión:

"Así está quedando en agosto do 2.000. O final ata dirá bonita a praia do Cenza, pero ese non é o tema, o fin non xustifica os medios, e o río, os centos de animais que había debaixo das pedras,  as árbores que había no seu entorno foron arrasadas...ese é o feito...trátase, repito, dun delito ecolóxico moi grave, feito con intención de utilidade pública e seguro con boa vontade, como estou seguro que se fixo, pero...é un crimen a nosa natureza, un crimen que se podía evitar".

Por suposto manteño totalmente o texto.

salir.jpg (922 bytes) Saír.