A fotografía está sacada do libro
citado, " As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de
Ourense no antiguo réximen" de Olga Gallego Domínguez.
Na foto a
Barca de Barbantes saíndo do porto de Feá.
Hai outra fotografía moi interesante desta
barca:
A fotografía está sacada dunha exposición
de fotografías que se fixo en Ourense en decembro de 2016, nelas
aparece esta barca en Barbantes e que cruzaba o río Miño, por
certo con bastante carga.
As fotografías son do Conde Sta María del
Villar, fotógrafo que a mediados do século XX paseu toda España
e por suposto Galicia.
A fotografía está sacada do libro
citado, " As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de
Ourense no antiguo réximen" de Olga Gallego Domínguez.
Na foto a Botadura dunha barca nova no porto de Feá.
Nunha barca parecida cruzaba eu o río Miño, cando era
cativo, en 1953, dende o regato de Barra a zona de Melias ( a festa).
Na fotografía vese unha barca pasando o
río Miño en Ribadavia. A fotografía ten pouca calidade e ademais
o día estaba moi mal, observar que a xente leva paraugas, pero é
curiosa. A fotografía está sacada do Blog do meu amigo Julio
Freijido "Maquians".
A Barca de Ribadavia. Na fotografía
de (M.A.P.O) aparecen Rubén Garcia Álvarez e Xesús Mª Ferro
Delgado.
Conxunto de barcas no río Miño, na
desembocadura do río Avia. Descoñezo o autor da fotografía
sacada do blog do meu amigo Julio Freijido. "Maquians".
Por suposto que o término de barca é moito más
amplio que o visto arriba, ver por exemplo o artigo "As embarcacións
fluviais do legado patrimonial a novos usos en activación" de
Xosé Manuel Vázquez Rodríguez,
publicado no nº 2 da revista "Ardentía";
onde fala de que hai ata dez tipoloxías básicas de embarcacións nos
ríos galegos, que superan a quincena si se consideran as variantes
locais.
Chamábanse
barcos, as embarcacións (refírome as utilizadas nos ríos de Galicia, sobre todo no río Miño) feitas dunha peza, escavados nos troncos de árbores, de onde lles vén o
seu nome, e de menor tamaño cas barcas.
Podían transportar ata catro persoas con
bultos de pouco volumen e peso. Normalmente eran barcos de pesca e
utilizávanse en tódolos ríos galegos, especialmente no río Miño. Por
suposto había moitos tipos e deles fala Eliseo Alonso no seu libro
"Pescadores del río Miño": onde describe a fondo as chalanas e os
carochos ( Portugal)
Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso ,
sacada do libro "Pescadores del río Miño".
O barco era básico non so para pescar tamén
para pasar xente dunha a outra beira, gando, para moverse nas crecidas,
etc.
Dende o barco de dornas, os batuxos, a barca do
Sil, as gamelas, a barca de Chantada, a barca do Ulla, as lanchas , as
batelas, os caíques, os carochos, o anguleiro ou barco do Miño, a barca
do Landro, a barca da Lagoa de Antela, as barcas de pasaxe, as barcazas
do Miño ata chegar as barcas de ocio e de lecer, todo un mundo.
Algúns exemplos:
Barco de pesca nos Peares
no río Miño. Barcos algúns moi
lixeiros e movidos a remo como as iolas.
A fotografía xa ten moitos anos e aparece no libro "As
barcas e os barcos de paxase na provincia de Ourense no antiguo
reximen" de Olga Gallego.
Ó fondo vese a garganta do río Miño, a dereita, non se vé,
pero desemboca o río Sil.
Barco das dornas.
Este barco consta de dous cascos, flotadores construidos
a partir de troncos de madeira escavados e que se chaman
dornas, sobre elles asentase unha plataforma construida
con tablas. Na realidade eran dúas toradas ou dornas
feitas de troncos de castiñeiro vaciados, nos extremos deixaban unha
proa, que chamaban bica, e no outro unha popa. As dúas xuntánbanse
como se ve no dibuxo polo chamabo piso que eran unhas taboas.
Era un barco feito para pescar xa que
no piso permitía levar todo tipo de redes e elementos para a pesca.
Levaban as artes da pesca como o biturón, a fisga, nasas, etc.
Houbo destos barcos dende Belesar
ata A Guarda.
Imaxen e texto sacada deste link
http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_barcas.htm
A este primitivo barco, o barco
das dornas fai referencia J. Lorenzo.
A dorna medía 3,20 m. de largo por 1,70
de ancho aproximadamente.
Os remos eran desiguais xa que o remeiro vai nun lado,
tamén eran de castiñeiro. O remo medía 3,60 m e iba sobre un ferro
chamado "O gambón".
Na miña visita do Museo de Arxeriz, na
Ribeira Sacra do miño, visita que recomendo, vin esta barca de dornas:
Barco das dornas. Museo de
Arxeriz no Saviñao.
Barco das dornas. Museo de
Arxeriz no Saviñao.
O barco ten dúas dornas á beira e que
por abaixo non ten nada co cal a flotación é perfecta e ademais é unha
navegación silenciosa. É un barco típico de pesca e moi usado na zona.
Permite aproximarse sin facer moito ruído, o cal é moi bon para a pesca.
Visita do día 05/05/2023.
Houbo destos barcos dende Belesar
ata A Guarda.
Barca da pousa:
Son barcas utilizadas na Ribeira Sacra
e que se utilizan para pasar os culeiros dende a finca a
bodega.
Fotografías sacadas da ficha que ten Adela
Leiro e Mon Daporta do río Miño; por certo unha xoia.
Enhoraboa.
A misma barca con pousa pero cos culeiros.
A barca anterior pasando os culeiros cheo
de racimos na vendimia. Simplemente aproveitaban para pasar da
finca a zona da bodega para pisar as uvas.
A Lancha de Ourense,
unha barca especial que inda lembro no río
Miño tanto na Ponte Vella como sobre todo para pasar o río e
pescar, como pola zona de Reza que se utilizaban para
pescar e os fins de semán para pasearse. Cantas parellas
pasearon pola zona de Reza nestas barcas, por suposto a barca
iba co seu barqueiro.
O Barqueiro
era o que remaba e utilizaba e movía a barca. un
oficio que non era tan doado de facer.
A fotografía é de Xosé Manuel Vázquez e
está publicada na revista Ardentía de Cambados (Pontevedra), no
nº 2.
A fotografía é do Arquivo Visual Ourensán
e nela vense dúas barcas típicas de Ourense que se utilizaban
para pasar xente e tamén para pescar.
Tíñan como curioso a barandilla de madeira
que servía para acomodar mellor a xente que iba na barca.. Non
tiñan quilla, para permitir a carga e descarga.
Chalana
era o nome que recibían estas embarcacións pequenas, a remos e
que por diante eran triangulares e por tras rectangulares. En
Ourense sempre estaban onde preto da Ponte Maior, ver a
fotografía entre esta Ponte e a Ponte Nova..
As gamelas son
embarcacións pequenas de fondo plano e coa proa e a popa
achatadas.
Úsanse na pesca de baixura e tamén como barcas auxiliares.
A tipoloxía desta barca aparece na foz do río Miño (Pola Guarda
e Caminha). Presenta a proa e a popa levantada.
Esta a
Barca da
Lagoa de Antela.
A fotografía é de Xose Manuel Vázquez.
A dianteira é estreita e aguzada, motivada
según dí Xose Manuel Vázquez pola facilidade para desprazarse
entre os xuncos da Lagoa, do mesmo xeito que a dianteira obtusa
do primeiro tramo do Miño facilita o remonte dos caneiros...
Esta é o
batuxo, barca a que fai
referencia a fotografía anterior, de frente redondeado e axeitado para acceder
ós caneiros.
Batuxo
no Porto de Santa Isabel.
Sobre o batuxos hai un traballo
sensacional titulado "Facéndolle as beiras ó Miño" da
Asociaciación Cultural Maria Castaña e publicado na revista
Ardentía no número 2, revista que se edita en Cambados
(Pontevedra".
Batuxo.
Ver outros
batuxos.
A fotografía desta
batela
é de Jorge Marcoa.
Estos barcos servían no río Miño tanto
como transporte de persoa e tamén para facer contrabando.
Un pouco máis complexas pero parecidas
tamén se usaban na pesca e recibían o nome de
caíques.
Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso ,
sacada do libro "Pescadores del río Miño".
Estos son os
carochos de
Portugal e por suposto de España, barcos moi esbeltos.
Tamén se chaman
anguleiros
ou barco do Miño.
Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso ,
sacada do libro "Pescadores del río Miño".
Maqueta do Mestre Carrelo dun
carocho un barco que admitía vela como se
pode ver na maqueta. É un barco do Miño e de ambas partes, en
España tamén se chama anguleiro.
Dibujo sacado del libro "Algunhas notas sobre o barco
"Carocho" e a pesca do sável no río Minho. Castro guerreiro
2005.
Sensacional fotografía do carocho, sacada
do libro anterior.
É un barco bastante grande sobre 6,5
metros.
As súas características e peculiaridades
están na construción.
Ven un estudio dela na revista citada.
Carocho é o barco
que podemos considerartípico do río Minho ou Miño. Usouse
para todo pero principalmente para a pesca.
Estaba feito de madeira
de carballo na parte de fora e por dentro levaba tamén
madeira de pino
Dibuxo dunha barca típico do río Miño coas
súas pezas e nomes como: as cavernas, o
canizo dos pes,
a
remadeira ou cantadoira. a
Ichama
ou chulete, a
sela, a cuaña,
o paneiro,
a tosta,
o espiñazo, os bordos, etc.
Faltan os
remos
, xa que estos barcas navegaban a remos, sempre sentados os
remeiros
en sentido contrario a marcha o remo de adiante é o
que marca e o de atrás a seguir o ritmo e obedecer as ordes: rema,
levanta, calza, rema pa tras, etc.
Toda a montaxe corría a cargo dos
carpinteiros, por suposto con ferramenta especial como a
anxola
e con operacións básicas como o embreado para que non
entre a auga e que se fai con resina de pino o
breu e con
alquitrán ou pixe. Esto vai todo derretido nun pote e
aplicado á barca. Logo as veces faixe o pintado.
Sobre os barcos das
zonas de esteiro como as bucetas, chalanas,
dornas, gamelas, etc.
ver este link.
Saír
o dicionario.
Saír
ó río Miño