Unha troitada é para os pescadores e troiteiros unha boa cesta de troitas.

Tamén se fala de troitada cando se comen unhas boas troitas do país, das que case non quedan. Por suposto que sexan palmeiras e das que cumplen as catro efes: frescas, frías, fritas e fragosas.

No pobo de Hermisende (Zamora) , por onde pasa o río Tuela,  a un grupo de troitas chámaselle Moada. Esta palabra está recollida do traballo de José Rguez. Cruz sobre a fala deste pobo que fai fronteira con Ourense e Portugal.

 

 

 

Na fotografía que aparece no libriño "El gran libro de la Pesca de la Trucha", aparece o autor Juan Roig con 20 troitas de medida, "o cupo daquelas", pescadas a cana e sin trampas nin cartón. Troitas todas elas autóctonas, non as pachangas que se pescan hoxe, en xeral.

O que se dí ¡ Unha boa troitada!.

 

 

 

 

 

Na fotografía que aparece no libriño  Caza e Pesca en Galicia de José Maria Castroviejo vese unha boa troitada.

Neste caso 10 troitas marabillosas en tamaño.

O que se dí ¡ Unha boa troitada!.

 

 

 

Troiteiros hai moi poucos. 

Pescantíns hai moitos.

Coller unha boa troitada hoxe en Galicia non é doado, nunca o foi si as troitas son autóctonas, ou sexa o que se chaman troitas do país.

O cupo en moitos ríos de Galicia é de 15 troitas, polo menos na temporada do 2001.

Hoxe no 2010 é de 10 troitas e en algúns lugares de 8.

 

 

 

 

 

Na fotografía de Francisco Díez, do libro "La pesca de la trucha en los ríos de León"  de Jesús Pariente, 1979, tamén se ve unha boa troitada  por riba da mesa. Dan ganas de comela.

Persoalmente as troitas gústanme máis pequenas, fritas con unto ou panceta, con patacas cocidas e unha boa ensalada de leituga. O viño do ribeiro vai moi ben coas troitas, personalmente gústame un Vilerma ou un Emilio Roxo ou un Sameirás pero hai outros viños excelentes no Ribeiro. Por suposto un mencía ou un godello do Barco vai incrible. Como postre o queixo que se ve na fotografía está ben. Si me deixan escoller o pan que sexa de Cea.

¡¡Que aproveite a troitada!!.

Na fotografía vese a esquerda unha boa troita autóctona do río Limia, a dereita o meu compañeiro cunha boa troitada, 20 troitas todas cuarteronas, o cupo daquelas. Por detrás lugar onde se colleron no río Limia pola zona da Herdadiña, hoxe encoro de Lindoso e desfeito para a pesca da troita.

Eran os anos 1975 e 1976. ¡Xa choveu!...

Non fai moito que collín esta troitada, maio do 2010, a verdade que facía tempo que non pescaba o cupo,  inda que na fotografía falta unha troita que pesquei despois. Hoxe non é normal...

O mismo día da pescata anterior o meu compañeiro Julio Taboada, máis coñecido por Páxaro, tamén colleu o cupo e o que é mellor quedou namorado do río...non me estrana...eu tamén.

salir.jpg (922 bytes) Saír.