Tectónica

        A Tectónica  é (en xeoloxía) a que estudia as deformacións da coia terrestre e os movementos das forzas que as producen.

Neste dicionario fluvial estou interesado pola aquela parte da tectónica relacionada cos ríos.

 

     A tectónica vese moito nos ríos e por onde discurren e é a que estudia entre outras cousas as fracturas da terra, que poden marcar a paisaxe dun forma incrible. Pensar no Ribeiro en Ourense, e como condicionan algunhas fracturas do terreno ao leito do río Miño.

Pensai tamén nas terrazas que que se producen en moitos ríos, como o río Miño que presenta o pasar por Ourense, nada menos que catro terrazas.

 

Neste río hai varias terrazas na súa parte esquerda.

Nesta pantalla de Google Earth vese Ourense e o río Miño e están marcadas tendo só en conta a altitude despois de sumar a que hai no río Miño, por suposto de forma aproximada, así dibuxo a primeira terraza entre 4 a 10 m sobre o río, por suposto repito aproximadamente,  e a segunda terraza entre 30-33 metros, a esquerda do río Miño e a dereita.

A primeira terraza clara está na zona de Las Lagoas a esquerda do río Miño e enfrente a zona da carretera a Oira. Sería entre 4 a 10 metros sobre o río. A segunda xa son 30 - 33 metros que ven sendo pola Avda. de Buenos Aires.  Na ponte a dereita do río Miño sería pola Estación do tren.

Cando era rapaz sempre me llamou moito a atención a cantidade de cantos rodados que aparecían en todos os lugares en que se facian casas; de feito a xente usábaos moito nas fincas e tamén na construción da casa.

Pois ben a Tectónica é a ciencia que da explicacións a estes fenómenos da natureza.

salir.jpg (922 bytes) Saír.