Esta forma que se ve na fotografía
chamábase "navegación de madeiras por almadías"..
Realmente ao parecer soio había dúas
formas de navegar coas madeiras: por almadías ou por pezas soltas.
Almadía é unha plataforma flotante
construida con toros de árbore con outros materiais que aboien e que
serve como medio de transporte polos ríos. A súa utilización soio vale
para ríos de canle grande e que non tuveran vexetación ou illas que
fixeran parar o transporte.
Bicheiro ou punzón para mover os
troncos.
Ó de pezas soltas era ó que se
utilizaba en ríos estreitos e de pouco caudal. Axudábase a navegación
seguindo o río e levaban unhas ferramentas chamadas bicheiros, paus moi
largos que terminaban nun punzón que tamén tiña unha parte curva e que
servía para achegar os troncos.
Ver este link.
Este
traballo en pdf está moi logrado, pero non aparece
Galicia.
--o--
Datos sacados do libro de
Juan Carlos Rivas Fernández, "A Ponte Maior"
. ( A Ponte maior de Ourense. Tamén chamada a Ponte romano-medieval de
Ourense e que moita xente lle dí Ponte Romana):
En canto os datos de Ourense e o
río Miño, relativos ao tráfico fluvial, fago un pequeno resumo:
O porto madereiro por excelencia en
Ourense foi o Porto Vello, situado a 940 metros augas arriba de A
Ponte Maior, por riba do cachón onde estaba a "praia da concha", hoxe inexistente, e por riba do coiñal sensacional que había en
tempos augas arriba do viaducto, hoxe desfeito dende 1960. Xa no século
XV aparece como propiedade do cabildo da catedral.
A praia da Concha xusto
remataba nesta cachón por riba do coiñal. Enfrente estaba
Portovello. Descoñezo ao autor da fotografía.
Este sensacional acea (muíño)
xa non existe hoxe. Así conservamos as cousas en Ourense.
Tiña xa plena actividade nos séculos
XIV e XV. Hai varios documentos que falan dos trabeseiros.
Tamén se fala do paraxe de O
Fontello, inda que non se trata realmente dun porto, en donde
chegaban as madeiras transportadas polo río; estaba situado xustamente
augas arriba da Ponte Maior e xusto onde hoxe está a cepa da marxen
esquerda da Ponte Nova. O nome venlle de que nese lugar había unha fonte
de auga moi fría. Na fotografía vese a Ponte Nova, pois ben, nos pés da
ponte a esquerda era o Fontello
O comercio fluvial madereiro, traía
sobre todo trabes de roble e castaño de Pombeiro, por riba dos Peares,
xustamente do souto existente enfrente a Pombeiro, marxen esquerda do
río Sil. Hai documentos que falan en 1438 de traer para á obra da ponte
de Ourense, 80 trabes de carballo e 60 de castaño, entre outros. Este
transporte durou ata principios do século XX.
Fala de que o transporte desta madeira,
que se traía en balsas, tiña un gran riesgo. Eran os trabeseiros. Dice
Juan Carlos Rivas que era un oficio similar os "gancheros" do Ebro, os do
alto Tajo, e outros...
No traballo tamén figura que a madeiraba quedaban apartadas no restrobo que era unha maroma que
iba de lado a lado, facendo de represa, precisamente onde hoxe
está a ponte nova, no Fontello e tamén no porto Vello.
Fotografía das pontes de Ourense nos anos 1950-60, sacada
do libro citado.
Fotografía das pontes de Ourense nos anos 1950-60.
Aquí vese onde estaba O Fontello, buscar a Ponte Nova, que é a
segunda ponte de abaixo arriba e na misma cepa da ponte (a dereita da
fotografía-marxen esquerda do río). Logo ao pasar a terceira ponte, o
viaducto, vese un coiñal, marxen esquerda do río e onde remata, por
riba dun cachón, que tiña unha acea, hoxe desfeita, estaba o Porto
Vello, tamén na marxen esquerda do río. Por debaixo da Ponte Maior tamén
había un coiñal onde ao final desembocaba o río Barbaña.
Descoñezo ao autor da fotografía.
Esta era a imaxen que conto,
fotografía sacada dende ao ponte Vella., cun coiñal que hoxe non
existe, máis abaixo desembocaba o río Barbaña e a dereita inda se
vía o muíño, neste caso acea. As pedras caídas siguen alí pero o
concello non ten previsto rehabilitalo.
O río vai dende arriba da fotografía, casi se ve Oira,
para abaixo da fotografía, despois da Ponte Maior de Ourense. Por certo
inda se vé unha acea que había por baixo da ponte a dereita do río, hoxe
desfeita.
¡Qúe pouco miramos en Ourense para o
río, unha mágoa!
¡Non sabemos ó que temos!. e moito
menos o que tuvemos e así nos vai...