
				Na fotografía agurgulla.
				 
				Vexo este texto de Xosé Neira Vilas:
				"...O río segue no seu, como hai catro ou cinco ou cen mil 
				anos. Segue rolando, moendo o tempo e luíndo pelouros con feroce 
				teimosía: dabúa, ruxe, agurgulla en escumas, 
				fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o alento de cada hora 
				dándolle feitío á eternidade, e síntome cativa no arrimo desta 
				arela, destas pedras carricentas postas polo xenio Andeiro dos 
				romanos..."
				 
				
				 
				Nesta fotografía sacada en Fonmiñá vense os globiños que 
				saen da auga. Tamén se chaman abrollar, un galego é incrible e 
				ten cantidade de léxico para todo.