Solastalxia.

  

 

A solastalxia,  así se escribiría si existise esta palabra no galego (en castelán solastalgia),   pode definirse como a angustia derivada dos cambios operados na paisaxe querida  -paisaxes por exemplo que vimos de máis novos-  e verse impedidos ou impotentes para impedilo. Ou sexa describe a angustia causada polo deterioro ambiental.

A súa etimoloxía ben de solacius, solacium que significa, entre outras cousas,   angustia e algia que significa dolor.

É unha palabra que foi inventada polo filósofo australiano Glenn Albrecht, no 2005,  e que se pode identificar coa melancolía ou a nostalxia  pola perda na paisaxe e as catástrofes ecolóxicas de todo tipo. Pero ademais leva implícito un dolor especial, unha tristeza e unha indefensión,  por unha desfeita que non ten marcha atrás.

A palabra solastalxia apareceu en escritos de Glenn Albrecht (activista, xeólogo e filósofo autraliano 1953- )  facendo referencia a tristeza que as xentes que vivian no valle de Hunter de Nueva Gales del sur en Australia (Upper Unter Valley), mostraron ao ver o impacto sufrido polas minas de carbón a ceo aberto que se instalaron preto das súas casas, e tamén polas sequías frecuentes que tiñan.

Persoalmente levo sentindo solastalxia, nas miñas visitas a natureza,  dende fai máis de corenta anos, hoxe estamos en xaneiro de 2024. Vexo, entre outras cousas, os ríos en Galicia que están cada día peor e sinto unha mágoa incrible, unha mezcla de dolor, melancolía,  nostalxia, indefensión  que se pode resumir na palabra solastalxia.

Nestas dez fotografías,  que poño a continuación, vese en primeiro lugar,  o cambio do encoro de Castrelo antes de facer a presa, ano 1950,  e despois coa presa (hoxe). Eu sinto solastalxia ao ver estas desfeitas. Coñecía a primeira fotografía e hoxe vexo a segunda.

Agradezco a Enrique Rodríguez Padrón, bon amigo de Ribadavia,  esta comparativa sensacional e única das fotografías. Aclarar que a primera fotografía é de Foto Chao de Ribadavia e a segunda é de Enrique Rguez.  Padrón. 

 

Voume quedar con esta imaxen, 1966, cos alumnos do Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia, dous anos despois foron meus alumnos, plantando pinos, o instituto tiña a modalidade agricola-gandeira  coa imaxen de frente  de Castrelo de Miño e o río Miño. Imaxen propiedade do Instituto citado.

 

Así escribe  Xesús Fraga, no libro "Río Miño. Un viaje entre solsticios", ver bibliografía na miña web sobre o río Miño,  cando fai referencia á construción do Encoro de Castrelo no río Miño, anos 1963-69,  e como cambiou a paisaxe totalmente, e arraxou un dos lugares máis bonitos e produtivos do Ribeiro.

 "...A solastalxia pode definirse como a angustia derivada dos cambios operados nunha paisaxe querida -o da infancia é o mellor exemplo- e impotencia por non poder impedilo. Se a paisaxe -igual que o río- é depositaria e custodia da memoria do que viu, arrasala é arrasar esa memoria, a de todo ser vivo que algunha vez a habitou ou mirou. Mutilala ou destruíla implica tamén ferir unha relación ancestral, a que se acompasa naturalmente a evolución paralela entre paisaxe, animal e humano: asomarnos de novo a ela non nos devolve o recordo, senón un espello ennegrecido polo azougue que non nos corresponde co acougo do recoñecemento, senón co desazo da ausencia...".

Neste sensacional libro sobre o río Miño  atopei  esta palabra. Dou as grazas a Xesús Fraga, pola palabra e polo libro, un gran traballo.

Vexamos outras fotografías que me producen solastalxia:

 

Sensacional fotografía do río Miño por Francelos (Ribadavia) , esta imaxen é a que eu teño deste lugar onde fixen as miñas primeiras prácticas de pesca da troita, no ano 1968. Descoñezo ao autor da fotografía. O mellor lugar de anguías de todo o río Miño; tamén troita, salmón,  sábalo e lamprea. Hoxe soio hai carpas e moita auga. É a cola do encoro de Frieira, o último encoro do río Miño.

 

Hoxe esa zona está anegada polo encoro de Frieira. A fotografía é do que escribe Secundino Lorenzo.

Ó ver esa masa de auga e distintas orelas sinto solastalxia, non podo evitalo.

Podería poñer centos de exemplos polos que me levo preocupado dende fai máis de corenta anos, pero neste mismo dicionario tendes unha palabra onde explico  a miña solastalxia. Soio poño catro fotografías máis:

 

Este é o río Navea, ó que eu chamaba  "meu río". Sin lugar a dúbidas, polos anos setenta do século pasado,  un dos mellores ríos de montaña de Galicia. Espectacular e cheo de troitas. Hoxe no ano 2024 é un río que inda non se recuperou dunha morte con cinza que matou practicamente todas as súas troitas no ano 2012.

 

Río Navea (Ourense)  cheo de cinza, cinza que recorreu máis de 20 km de río matando todo, esta fotografía é da cola do encoro de Chandrexa, onde chegou a cinza, ano 2012; morreron todas as troitas e peixes, algúns bárbaros, auténticos asasinos da natureza,  queimaron os montes do nacemento do río  e arrasaron todo; ao chover a cinza foi ao río e foi un desastre que tardará anos en volver a ser como era.... Ese día que vín esta desfeita, chorei, sentín solastalxia. Era o meu rio de sempre. O Río Navea en Chandrexa de Queixa, o mellor río que paseei e pesquei na miña vida, un río cunha paisaxe única...

Outras fotografías e os meus choros están neste video que merece a pena ver. Nese video demostro ó que estou a escribir.

Un exemplo de solastalxia clarísimo.

Poño outro exemplo claro:

 

 

Sensacional fotografía de Xurxo Lobato, o río é o Limia, o gran río Lethes dos romanos, un río fora de serie polos anos cincuenta, logo secaron a Lagoa (para mín a Doñana galega)  que aportaba auga o río, un atentado ecolóxico incrible e dende fai uns anos. moitos xa, desaparece no verán ou ven se eutrofiza, como se pode ver na fotografía seguinte.

 

 

Río Limia eutrofizado, encoro das Conchas (Ourense) xa leva pasando no verán dende fai quince anos,   aquí tamén hai morte e auténticos problemas de todo tipo. A eutrofización está a poñerse de moda en Galicia e non se ataña, non se invirte en depuración das augas, na zona hai granxas e lugares  que contaminan de varios xeitos, non se invirtiu adecuadamente en depuración e ao final, ano si e ano tamén,  pasan estos desastres ecolóxicos.

Un exemplo de solastalxia clarísimo.

 

É remato poñendo como está hoxe a Fervenza do Barbantiño e como estaba non fai moito, soio 30 anos atrás.

Simplemente poño algunhas fotografías:

 

Esta fervenza é para mín unha das máis espectaculares de Galicia, ademais tiña e tén un entorno único de muíños, mismo a beira, pouco cuidados, por non decir outra cousa, e un bosque de Ribeira tamén que era único, hoxe un pouco maltratado. Na fotografía un día calquera de aqueles anos.

Por certo esta fervenza está no río Barbantiño, un afluente, pola dereita,  do río Miño en Ourense entre Sta Cruz de Arrabaldo e Barbantes estación.

Ferbenza do río Barbantiño co río un pouco crecido, ano 1997, e antes da desfeita que lle fixo unha minicentral que fixeron a pouco menos dun km. río arriba e que a deixaron moitos días sin auga e logo co chamado caudal ecolóxico, que é un engaña bobos.

 

        


Fervenza do Barbantiño traballando a minicentral. Fotografía Secundino Lorenzo o día 11-11-1998. Dúas fotografías históricas...para chorar... A primeira a 500 m. da Fervenza e a segunda a Fervenza cun fío de auga.

Ese día sentín solastalxia, pero non soio eu, o grupo que iba conmigo. A verdade para chorar.

Hoxe normalmente ten un pouco máis de auga e sigue a merecer a pena a súa visita.

 

Foto da fervenza con auga de inverno actualmente. Esta fotografía é do ano 2002, despois de protestar e moito aumentaron un pouco o caudal ecolóxico.

 

Ver esta palabra, escarallar un río,  neste dicionario. Con máis casos.

¡Para chorar!

Eso é a solastalxia.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.