Laño.

     O laño é, un lugar no fundo dos ríos, normalmente unha cavidade entre as rochas; neste lugar acostuman a ocultarse as anguías e as troitas.

No lanho (laño) palabra que aparece no  "Vocabúlario ilustrado da terra de Cotobade" parece que se ocultan as troitas grandes como a troita-bical, que é o macho vello da troita común, coa mandíbula inferior moi sainte (ver troita-bical) e tamén a troita-sapa que entre os pescadores era coñecida por habitar precisamente os laños.

A palabra laño é distinta de beirón, o beirón é o que utiliza a troita en xeral, non precisamente a troita vella si non calquera.

No "Gran Dicionario Xerais da Lingua"  pon que o laño son aberturas nas pedras do fondo do mar entre as que adoitan agocharse os congros e os polbos. Non fai referencia os ríos pero o paralelismo ten sentido.

 

O beirón e o laño  é polo tanto onde se esconde a troita e non hai que confundilo coa postura en sí.

Por exemplo na fotografía a troita está en postura ( lugar para comer e cazar), non está no beirón, que sería onde se metería si se asusta.

O laño é onde se esconden as troitas grandes.

 

 

 

 

No dibuxo vense varias troitas nun río. a primeira, a que está metida na rocha, está no seu beirón, as de máis abaixo están en postura. A última está no laño.

No beirón dicen que a troita deixase acariciar e mesmo coller. Estou seguro que é certo,  xa que o vín facer, concretamente en Randín (Ourense) no regato que baixa de Vilariño e desemboca no río Salas.

Os laños están no fondo do río e son cavidades para troitas máis grandes.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.