A
cambitada cargada de troitas fai
referencia a unha forma de levar as troitas para a casa. O normal
é ter unha cesta ou cacifo (normalmente énchese de fentos femia) e as troitas gárdanse nela. Pero tamén se utiliza a cambitada que se fai así: faise unha
cambela cun viorto de salgueiro ou outra árbore, que non é máis cun pao
especial, no que unha das
puntas queda en "V" e a outra lisa, de xeito que o coller as troitas, e por
suposto matalas, métese o pao polas agallas (engalas) da troita e así queda colgada
perfectamente na "V". A cambitada
é o conxunto de troitas posta deste
xeito, ou sexa, metidas na
cambela. Tamén se chama
cambito de troitas, e
cambos (X. Lorenzo Fernández),
a
ese conxunto de troitas levadas dese xeito.
Pola zona de Verín en Ourense,
según Manuel Taboada no libro "léxico de la comarca de Verín"
dinlle candiola,
a unha rama en V na que se colocan as troitas.
Na zona do río Mandeo fálase
da ganchada,
xa que se fai un gancho de onde se colgan as troitas polas agallas ou
engalas.
Nesta fotografía, do
autor da www, vese o pao perfectamente e como queda a troita
colgada. Na miña man está a forma de "V", na que remata
o pau por un dos extremos, e que fai que a troita
quede colgada no pao. Esto é o que se chama unha cambela.
O conxunto de troitas pescadas e metida na
cambela da fotografía é o que fai "unha Cambitada de
troitas". Tamén un cambito de troitas e tamén un cambos
(Páxina
87 do libro Antología do conto de tradición oral, publicado
pola Voz de Galicia).
Xaquín Lorenzo Fernández chámalle cambos,
libro O mar e os ríos páxina 158 Ed. Galaxia.
|
|
Nesta fotografía
sacada do libro ¡Se están cebando!
de Luis Quesada, vense dúas
cambitadas, o pescador da esquerda tena feita, seguramente, dun
salgueiro e presenta tres troitas. O da dereita utiliza, un cordón.
A fotografía seguramente é de Luis
Quesada. Nono sei.
No libro "Guía para pilla-las
troitas, miñas señoras" de Juan José Moralejo, na
páxina 35 pón "....na fervenza collín as troitas no seu
momento e puiden traer un cambito xeitoso.
O que as comeu aínda me fala do boas que estaban..."
|
No pobo de Hermisende
(Zamora) que fai fronteira con Ourense e que falan castelan e galego,
aparte de ter un río maravilloso o río Tuela, pois ben a un atadillo
de troitas como o de á última fotografía tamén lle chaman
Carrelo. Queda dito. Estudio de
léxico realizado por José Rguez. Cruz.
Saír.
|