As escadas para peixes  non son máis que os pasos para peixes de tipo artesas ou depósitos sucesivos de tabiques vertentes. Son polo tanto  compartimentos,  que cun caudal xa estudiado e unhas dimensións mínimas,  permiten subir nos ríos galegos as troitas e os salmóns, entre outros peixes migradores.

     O lector debe saber que as escadas son obligatorias en todos os encoros e minicentrais galegas, xa o eran na lexislación de 1950, na que se decía claramente que os encoros tiñan que deixar subir as especies migratorias, pero esa lei non se cumplía, e agora no 2002 tampouco. Por suposto no 2010, cando reviso este texto, seguen sen cumprirse as normas, tanto Endesa como Iberdrola como a antigua Fenosa fan o que lles peta nos nosos ríos...

Nesta misma páxina web tendes unha escada ben feita nun río galego o río Ulla.

Ver tres exemplos de escadas que se lles pode chamar así,  "como deben ser" e outros exemplos de escadas que soio lles podo chamar   ESCADAS  "TOMADURA DE PELO":

 

 

 

Escada modelo COMO DEBEN SER 1.

Río Ulla-Galicia.

Escada de peixes no río Ulla, na presa de Couso unha escada de peixes perfectamente estudiada e que permite subir a todo tipo de peixes a base de estudiar a fondo profundidade. amplitude para saltar, velocidade da corrente, reclamo, saída perfecta o río etc.

Está no Xirimbao en Pontevea.

Así debían estar feitas todas...

Ver unha idea desta marabilla ben feita.

 

 

 

Ver un dibuxo de escada Como deben ser. Grandes presas.

Nesta escada, feita en EEUU,  ademáis da subida das especies migratorias está prevista a baixada de alevíns.

En Galicia unha  porcentaxe moi grande vanse as turbinas e morren troceados o baixar.

Ver a lei neste mismo traballo.

 
 

 

 

ESCADA DAQUELA MANEIRA.

Río Pedro. Lubián. Zamora.

Efectivamente trátase dunha escada, na minicentral do río Pedro en Lubián (Zamora), unha escada que non cumple exactamente as condicións mínimas, pero dende logo pode subir algunha troita polo reclamo do caudal e o ancho do mesmo.

Ver a lei neste mismo traballo.

 
 
 

 

ESCADA MODELO MEDIO AMBIENTE OURENSANO. Tamén chamada "TOMADURA DE PELO"

Río Limia. Ourense.

Efectivamente trátase dunha escada, na Presa do río Limia en PonteLinares que abonda moito nas minicentrais de Ourense, unha escada mínima que en realidade é o caudal ecolóxico tamén insignificante. Os donos dicen que é unha escada e realmente é unha tomadura de pelo. Non cumple nada de nada.

Ver a lei neste mismo traballo.

 

 

 

ESCADA MODELO CUENTO - CHINO.

Río Deva. Ourense

Efectivamente trátase dunha escada, na Presa do Deva en Quintela de Leirado (Ourense), que é imposible utilizala, aparte de estar chea de pedras e maleza, non dá ó río, non ten corrente e inda por riba na súa terminación hai 2 metros ó río; ver fotografía seguinte.

Non cumple ningunha norma.

É da Empresa San Miguel de Ourense.

Ver a lei neste mismo traballo.

 

 

 

 

ESCADA MODELO CUENTO - CHINO.

Río Deva. Ourense

Complemento da escada anterior do río Deva en Quintela de Leirado. Hai dous metros dende o río a unha escada rota, chea de pedras e que non funcionou nunca.

Por certo minicentral inaugurada por Fraga (namorado das minicentrais galegas)  e Vitorino Nuñez polos anos 1990.

Minicentral que deixou o río Deva (de Ourense)  escarallado totalmente.

Ver a lei neste mismo traballo.

 

 

 

ESCADA MODELO CUENTO SUPER - CHINO.

Río Faramontaos. A Limia. Ourense.

Efectivamente trátase dunha escada de peixes?, na Presa de Gudín en Gudín ( Xinzo.Ourense),  inaugurada nos anos noventa,  que chamo cuento super-chino. Realmente é imposible que suba absolutamente nada por ela. é un adorno impresentable, feita para que a puderan dar de alta como "cumplindo as normas mínimas" ? . A verdade que vendo estas escadas eu síntome  insultado...

 

Ver a lei neste mismo traballo.

 

 

 

ESCADA MODELO TROITA VOADORA.

Río Cenza. Vilariño de Conso. Ourense

Efectivamente trátase dunha escada, na Presa do Cenza, en Vilariño de Conso, de máis de 30 metros de altura.

Non ten escada nin nada parecido, pero o día da inauguración dixeron os políticos da zona que as troitas subirían (entre eles o Alcalde, daquelas Sr. Ventura o mismo que está hoxe 2012),  esquecéronse de decir que voando. Por eso eu chamo a esa escada con este nome. Non ten nin auga.

Trátase dunha indecencia, pola época na que se fixo esta presa, principio dos noventa...

Ver a lei neste mismo traballo.

 
 

 

 

ESCADA MODELO "FAGO Ó QUE ME PETA" ou tamén chamada "O RÍO É MEU".

Río Avia. Albarellos. Ourense

Modelo exclusivo dás empresas: FENOSA hoxe Naturgy, IBERDROLA e ENDESA e algunhas outras.

Efectivamente os grandes encoros galegos, a ningún se lles puso escadas de peixes, incluidos os encoros do Miño como Frieira ou Castrelo, cortanto a migración de todo tipo de peixes: troitas, salmóns, sábalos, anguías, sabogas, lampreas etc. Realmente non se entende que unhas empresas privadas, cuns dividendos incribles,  se lles permitirá facer estos roubos a "man armada"...

Ver a lei neste mismo traballo.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS ESCADAS NA LEXISLACIÓN GALEGA.

Regulamento de pesca fluvial. Xunta de Galicia.

 

Anexo VII : Parámetros máximos para o deseño de pasos para peixe de tipo artesas ou depósitos sucesivos de tabiques vertentes.

Definicións e conceptos básicos.

    Os dispositivos de franqueo de artesas ou depósitos sucesivos constan dunha serie de vasos intercomunicados por vertedeiros, cos que se trata de subdividi-lo salto total en saltos máis pequenos, salvables polos peixes, con zonas intermedias de descanso. O primeiro vaso ou artesa atópase a nevel do río augas abaixo da presa e o último na cota do encoro.

    O dispositivo de franqueo debe permiti-lo paso dun número razonable de individuos das distintas clases de idade da poboación e non só dos máis fortes e resistentes.

Ademais, debe procurarse que o retraso na migración sexa o menor posible, mesmo tendo en consideración o posible cansancio acumulado polo franqueo doutras obras situadas augas abaixo.

    A situación das entradas debe ser tal que sexan facilmente atopadas polos peixes, polo que o dispositivo se situará na parte máis augas arriba do pé da presa ou naquelas zonas onde a corrente é maior e polo tanto tamén o é a chamada. A saída augas arriba debe ser fácil e ràpida e en ningún caso desembocará na canle de derivación ou nas inmediacións desta, sendo preceptiva unha situación o máis afastada posible da boca de toma de canle, preferentemente na marxe contraria.

Velocidades.

É indispensable crear velocidades elevadas na entrada do paso situada augas abaixo, tendo en consideración a especie ou especies piscícolas que van utilizalo.

Pódese adoptar como velocidade mínima na citada entrada a de 1m/s; a velocidade óptima para salmónidos vén sendo de arredor de 2 m/s a 2,4 m/s, o que corresponde a un salto de 0,2 a 0,3 m. na entrada. En calquera caso débese evita-la aparición dun resalto hidráulico e débese prever unha fosa ó pé da escala cunha profundidade mínima de 1 m e unha superficie de 3 m2, cunha relación lonxitude/anchura maior ou igual a 2, de xeito que os peixes poidan repousar sen dificultade ata que decidan toma-lo paso, tendo en consideración a posible acumulación de peixes.

Caudal.

    O caudal que circula polo dispositivo de franqueo debe ser proporcional ó que circula polo feito do río; de xeito xeral de arredor do 1 o 5% deste. Sen embargo a chamada do paso será tanto mellor canto maior sexa a porcentaxe de caudal que circule por el. A situación no paso tamén condiciona o caudal, e deberá ser maior cando peor sexa a situación do paso da obra.

Caudal de incremento da chamada.

    Posto que canto meirande é o caudal, meirande será o dispositivo de franqueo, co censecuente incremento dos custos, pode engadirse na base da escala un dispositivo de inxección de caudal que aumente a chamada; deste xeito, pode diminuirse o caudal que circula pola escala propiamente dita. Este caudal adicional debe ser inxectado a baiza presión no tramo inferior do paso ou mesmo no primeiro vaso; pódese inxectar lateralmente ou polo fondo, sendo preferible a primeira opción para facilita-la conservación das preceptivas reixas que eviten a entrada de peixes neste segundo dispositivo, onde quedarian atrapados. Estas reixas deberán ter unha separación entre platinas de 3 cm. para salmóns e de 2 cm. para troitas. A velocidade da auga inxectada debe ser suficentemente débil, menos de 03 a 0,4 m/s, e deberase contar dun depósito que asegure unha disipación de enerxía sufiente e un repartimento o máis homoxéneo posible da auga de achega. As dimensións deste depósito serán tales que se consiga unha disipación por unidade de volumen de 1000 a 1500 w/m3, tal e como máis adiante se detalla para o deseño dos vasos.

Desnivel entre vasos.

    O paso dos migradores será tanto máis fácil canto menor sexa a diferencia de nivel entre os depósitos; débense ter en consideración as distintas especies existentes e os desniveis máximos e óptimos para cada unha de elas. Deste xeito, o desnivel será de 0,3 a 0,4 m para o salmón, de 0,3 m para a troita e de 0,15 a 0,25 para os ciprínidos. Tomarase como desnivel de deseño o correspondente á especie menos capacitada para o salto que se quere franquee o dispositivo.

 

Dimensións dos depósitos vasos ou artesas.

A dificultade de paos dos migradores aunmenta coa turbulencia e a aireación dos depósitos. Un indicador do nivel de turbulencia nos depósitos é a potencia disipada por unidad de volumen. Este criterio permite determina-lo volumen mínimo dun depósito se se fixan o salto e o caudal ou, pola contra, o caudal debe pasar se o salto e o volumen do depósito estén fixados. A potencia disipada obtense da expresión P= (a.g.Q.h)/V . Sendo P a potencia disipada en w/m3 , a o peso específico de auga ( 1000 kg/m3) , g a acelación debida a gravidade ( 9,81 m/s2), Q o caudal en m3/s , h o desnivel entre depósitos en m e V o volumen do vaso en m3.

Nos pasos de salmónidos tomarase como límite 200 w/m3 no caso de especies con menor capacidade de natación a potencia disipada non poderá exceder de 150 w/m3.

A lonxitude dos depósitos será como mínimo igual ou maior ca 3 veces a lonxitude de meirande peixe que poida pasar. Na práctica, a meirande parte dos pasos para grandes migradoress adoptan lonxitudes comprendidas entre 2,5 e 3,5 m.

    A profundidade dos depósitos será como mínimo de 1 m para os grandes salmónidos o de 0,6 m para as troitas.

    A anchura mínima dos vertedeiros entre vasos será de 0,3 a 0.4 m para os grandes salmónidos e de 0,2 m para as troitas.

Protección das obras de salto.

    Pódese protexe-la saída augas arriba para evita-la entrada de troncos ou obxectos boiantes. Para isto, podese xira-la citada saída 90º con respecto ó eixe do río ou instalar reixas grosas ( separación entre platinas de 25 a 30 cm ) ou pantallas de mampostería ou formigón. A situación destas reixas e a súa sección serán tales que a velocidade da auga sexa inferior a 0,3 ou 0,4 m/s co fin de evita-lo seu ateigamento demasiado ráoida polos obxectos boiantes.

Cambios de dirección.

    No caso de ser necesario varia-la dirección da escala, o cambio farase nun depósito de descanso de maiores dimensións cós depósitos normais. Eliminaranse os ángulos redondeando as esquinas exteriores deste depósito.

Axuste dun paso de artesas ou depósitos.

    O axuste consiste na determinación do número de depósitos e na elección do xeito de comunicación entre eles; todo isto en función da especie ou especies que deben franquealo, da altura do obstáculo, do caudal e do espacio disponible.

1) Determínase o desnivel máximo entre depósitos.

2) Calcúlase o número de saltos (N) e ode depósitos (n-1).

3) Fíxase o caudal de paso.

4) Dimensiónase os depósitos en función da potencia disipada máxima disponible.

5) Dimensiónase os vertedeiros.

6) Estúdiase a localización do dispositivo de franqueo.

7) Estúdiase ae dimensiónase, de se-lo caso, o dispositivo de incremento de chamada.

8) No caso de ter que reprega-la escala, preverae que nos cambios de dirección ( viraxe a 180º por exemplo) se sitúe un depósito intermedio. Os ángulos rectos serán eliminados redondeando as esquinas.

9) Comprobarase o funcionamento do paso con augas altas e baixas, limitando, se é preciso, o caudal que entra na escala.

10) Estudiarase a necesidade de colocar elementos de proteccion contra avenidas, de xeito que non se obture o paso.

Volver

 

 

 

 

 

.

 

 

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESCADA DE PEIXES DE COUSO. RÍO ULLA.

Esto é o que pon o cartel anunciador da escada de peixes, as manchas da humidade son evidentes...Moi interesante o tema da Zamborca que descoñecía que fora tan estresable...Efectivamente a entrada de auga do río, entrada semicilindrica, está moi ben estudiada, permite a entrada de forma natural e impide que entren corpos flotantes que podían obturar a escada.

 

 

 

A presa de Couso no río Ulla. Sensacional. Fotografía outubro de 2012.

A esquerda entrada a escada de peixes. Presa de Couso. Río Ulla. O reclamo é totalmente correcto.

 

 

Detalle da escala vista dende a parte de arriba que é onde está a saída o río por riba da presa.

A escada vista dende arriba.

Detalle da escada de peixes. as dúas comportas que se ven producen distinta velocidade, a da esquerda máis velocidade xa que é máis estreita,  e levan unha profundidade de 2.40 m. , cunha anchura de  6.7 m. que permite chegar incluso en bandadas... A pendente tamén está moi estudiada xa que 7.2% é pequena.

Por certo está estudiada para que a Zamborca (sabela, saboga. Alosa fallax) poda pasar por ela perfectamente xa que a velocidade disminue coa altura. O salmón e a troita non teñen problema ningún...

Zamborca (sabela, en castelán saboga)

Enhoraboa os autores desta obra, vese perfectamente o cariño ó río e á natureza, así como o amor ó que se fai...

Volver