XANA.

Moura troita. Caesg ou ceasg. A Isabel de algúns pozos.

Xana según o dicionario de Xerais son as ninfas das fontes e dos montes de Galicia.

Evidentemente os ríos nacen en fontes, logo nos ríos hai xanas.

O aspecto das xanas non podo afirmar que fora o que aparece no dibuxo pero no me estranaría que se pareceran.

As troitas eran considerados en Galicia animais máxicos. Conta Xoan Xosé Teijeiro, no libro Seres galegos das augas que no río Mao, afluente do Cabe pola zona de Vilasouto, en Lugo, que había unhas troitas con pintas vermellas, que se creían mortos encantados dunha batalla entre mouros e cristiáns. Sin dúbida hoxe estarán máis mortos xa que no lugar fixeron un encoro. Coñezo ben a zona. Por certo preciosa en tempos e cunha  chea de troitas, entre Vilasouto e Go.

As troitas e salmóns eran concebidos como peixes de sabedoría e sagros, pois vivian nas augas limpas, o que demostraba a súa xebra. Coñecían ademais os ciclos e percorridos dos ríos, remontando fervenzas, salvando remuiños e correntes. Toda unha metáfora de sabiduría da vida.

En terras escocesas chaman caesg, a unha serea ou muller feérica que posúe medio corpo de troita. Atópase en augas frescas, entre outros. Seguro que en Galicia hai moitas CAESG si non rematan con elas os minicentraleiros e outros explotadores dos ríos galegos... 

Seguro que moitas destas CAESG son xanas en Galicia que é como se deben chamar.      

SAÍR