Palmeira

As troitas palmeiras, troitas que teñen aproximadamente un palmo, entre 17 cms. e 21 cms.,  son sin lugar a dúbidas as mellores troitas para comer, son un auténtico manxar de deuses sempre que cumplan as catro  efes, ou sexa: fresca, fría, frita, e fragosa. Así está dito en moitos libros de pesca da troita como no libro "50 años de historia a la orilla de un río, Memorias de un pescador de truchas"  de Jesús Pariente entre outros...

Convén aclarar que fría fai mención as augas frías da montaña,   e fragosa tamén quere decir  de augas con moito coio e pedras, augas saltarinas e cantareiras como son as de montaña. Esas son as mellores troitas sempre que sexan palmeiras e de ríos limpios ao 100%.

Por suposto que hai outros ditos como os da sete efes (recollido o dito en Verín por X.L. Franco Grande), os que engade os anteriores que sexa fiada,  fea e femia. Non estou moi de acordo co de fea, xa que para mín unha troita  é o animal máis bonita da natureza... No da femia teñen parte de razón, pero as diferencias son mínimas cando é unha troita palmeira. O de fiada fai tempo que deixou de ter significado.

Para aclarar ó de fea,  eu para mín ó que dixo Botteler sobre a troita é un axioma, polo tanto non hai discusión:

Deus pudo, sin dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén sen dúbida, nono fixo

 

 

 

 

Troita palmeira entre 17 cms e 21 cms. Para mín esas son as troitas mellores. Mellor a de 17 cms. que a de 21 cms. O problema é que en moitos ríos non se poden pescar as de 17 cms.

As troitas grandes son moi secas e non teñen nada que ver con estas...

As de piscifactoría hai que enmascaralas para comelas, non se poden comparar...

 

 

 

 

Outra troita palmeira pero xa de maior tamaño, no límite para mín,  sobre 21 cms.

As troitas por riba dos 30 cms dicen moito máis secas e non se poden comparar con estas...

 

 

 

 

Concretando:  as mellores troitas para comer, auténtico marisco de montaña,  son as troitas palmeiras que sexan frías, frescas, fritas, e fragosas.

Esto debédelo tomar por un axioma.

Pero...xa quedan poucas...e cada día son máis difíciles de pescar...

salir.jpg (922 bytes) Saír.