CEBANDO.

Cebar a troita é cando as troitas suben a superficie para comer o mosquito, do tipo de sexa ( efémera, tricóptero, etc.); no río queda un redondel ou un embudo. Os pescadores experimentados en pesca con  mosca,  distinguen "cebadas altas" de "cebadas baixas". A alta é cando comen en superficie e a baixa e cando o fan a media altura, o que se chama comer a ninfa (antes de transformarse).

O pescador sabe que ese é un gran momento para coller troitas coa pluma. O atardecer, no sereno é a mellor hora,  e cando se producen as cebadas masivas.

(A troita pode cebar en calquera lugar do río, polo tanto o feito de cebar non fai referencia a ningún rincón concreto do río. Tense dado o caso de cebarse troitas nun tramo de río concreto e a 100 metros río abaixo o río arriba non facelo)

Na fotografía de R. Valentine Atkison, vese un atardecer nun río troiteiro. Ese é o mellor momento para que ceben as troitas.

Chámase "o sereno".

¡¡ Sensacional !!

¡¡ Hai que vivilo !!

..

Fotografía de R. Valentine Atkison collida no momento cunha troita sube a superficie da auga para coller o mosquito. Neste caso según o autor un tricóptero.  Esto é o que se chama unha "cebada alta". A troita está comendo en superficie. Xeralmente non son as troitas grandes as que fan máis redondel na auga, son as pequenas. As grandes chupan o cebo e o redondel é mínimo...Esta fotografía por exemplo...

..

Nesta fotografía vese perfectamente que estan cebando. O redondel é grande é posible que sexan troitas pequenas. Por suposto tamén poden ser peixes...

Os círculos do medio do río son característicos.

Si estos círculos son en forma de embudo, o que se chama un redondel profundo, a cebada da troita é distinta, están a comer ninfas e fano de arriba abaixo.

As veces saltan fora da auga para coller normalmente grandes efémeras e plecópteros.

Está claro que o tipo de ceba da troita marca a forma de pesca si é en superficie con moscas secas o algunha afogada e si son cebas baixas o pescador faino con ninfa. Esto non quere decir que non se poda pescar algunha troita con mosca afogada.

salir.jpg (922 bytes) Saír.