Borboriño é un son suave e armonioso, un murmurio.
Descubrín esta bonita
palabra nun video marabilloso dos alumnos do CPI Manuel Suárez Marquier de O
Rosal "O borboriñar das insuas", en febreiro de 2020.
Neste video
escoitamos os borboriños nas insuas do baixo Miño. Un
video marabilloso que merece a pena ver.
O borboriñar das insuas, CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), Cinema en curso 2018-2019 from
Cinema en curs on
Vimeo.
A miña enhoraboa os alumnos e profesores que fixeron posible esta
marabilla.
Este video tamén está posto na miña páxina web sobre "O pai Miño",
ver o apartado das
insuas do baixo
Miño.