Cencellada.

     Recibe o nome de cencellada ou cenceñada a formación de plumas ou agullas de xeo suave de cor branca sobre as árbores ou plantas; a súa formación débese ao vapor de auga que polas noites se condensa na atmosfera. Na realidade está causada pola conxelación de gotículas sobrefundidas dun banco de néboa á temperatura baixo cero. A súa aparencia é moi similar a unha nevada.

Ten o aspecto dunha nevada pero non o é. En Galicia non é moi común pero as veces si se forman cencelladas.

Cencellada no Courel. Fotografía de Olga Vega.

Moitas grazas Olga polas túas fotografías.

Efecto da cencellada. Fotografía en Vilameá (Lovios). Fot. de Secundino Lorenzo.

 

Cencellada no río Mao. A Nogueira. Ourense. Foto Secundino Lorenzo

 

 

Cencellada nun río de Zamora. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Cencellada no coto de Novelle. Fotografía de Marta Glez. Miranda

¡Moitas grazas Marta!

 

Nota: non atopei en galego esta palabra, nin cencellada nin cenceñada, utilizo o "Gran Dicionario Xerais da Lingua"  en dous tomos, tampouco ó atopei en internet, nos dicionarios que hai ao uso, pero si atopei un video onde Xavier Fonseca, meteorólogo, fala deste e outros fenómenos do frío  en galego e utiliza este término.

Este é o video.

salir.jpg (922 bytes) Saír.