FOZ.

A foz dun río é a súa desembocadura. Tamén se fala da foz dun río aludindo a garganta, cañón, canón , cañada, etc.

 

 

Descoñezo o autor da fotografía.

 

A foz do río Xallas en Ezaro. Xusto onde o río Xallas desemboca no mar, no Pindo, xunto a maior praia de Galicia a de Carnota.

O lugar merece a pena visitalo.

 

Fotografía de Xurxo Lobato.

 

A foz do pai dos ríos galegos, o río Miño.

O río Miño desemboca no mar moi preto da Guardia, a dereita; e de Camiña ( xa Portugal) a esquerda.

Como pode verse a foz do Miño é sensacional.

Foz do río Miño dende Caminha. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.