Solunar

 

A lúa é o satélite natural da Terra que recibe a súa luz do sol.

A lúa e o sol dan lugar, entre outras moitas cousas, a unhas tablas solunares moi curiosas e que están relacionadas coa pesca, tanto fluvial como marítima.

Incorporo esta palabra ao dicionario fluvial, simplemente para poñer en claro a importancia que a lúa e o sol conxuntamente teñen na pesca fluvial. Os tempos solunares son básicos para a pesca en xeral.

Vou explicar esto último.

 

O cuarto minguante é a fase da lúa entre a chea e a nova. Minguante é en galego disminuir ou ir a menos.

O cuarto crecente é a fase ente a lúa Nova e a chea como aparece no dibuxo.

Moi importante son as fases da lúa e o saber distinguir entre elas: así  lúa nova, cuarto crecente, lúa chea e cuarto minguante. Non vou explicar como se da lugar a estas fases, xa que son coñecidas por todos, soio que sepamos distinguir entre os cuartos según sexa crecente ou minguante. A lúa chea e a nova todo o mundo sabe distinguilas.

Simplemente distinguir entre o cuarto crecente e o minguante que a xente en xeral confunde, lembro que en certa ocasión escoitei unha regla para non equivocarse e distinguilas:

Partimos de que a lúa é mentireira (é unha forma de lembrarse destas fases, moi curiosa)  e polo tanto cando enseña unha D, que debera significar decrecente, pois non como é mentireira é precisamente crecente. E o revés, cando enseña unha C, como repito que é mentireira pois estamos no cuarto decrecente que é o menguante.

Vexamos de que falo ao citar as tablas solunares e os tempos solunares:

Persoalmente eran as que utilizaba sempre,  e dito sexa de paso eran as mellores. Hoxe, marzo de 2017 non se consiguen, deixaron de publicalas, polo menos en España.

No 2022,  que lle boto un vistazo  a este texto,  estas tablas son totalmente descoñecidas. En internet, si queredes comprobar, figuran estas tablas nos anos setenta do século pasado.

Unha folla das Tablas solunares do ano 1974. Ver que traían o calendario, as lúas e a salida e posta do sol.

Esta tablas solunares daban os tempos según o día e a lúa dos períodos máis activos dos peixes, e sobre esos tempos podía comprobarse na pesca. En negrilla os tempos eran dúas horas de actividad dos peixes, e os outros tempos unha hora.

Observar por exemplo esta tabla de 1974 en xuño onde se ve que teño marcado o primeiro día e os seguintes na lúa minguante e da en negrilla a hora 7,25 como comenzo do período activo, en Galicia había que sumar media hora a hora universal que aparacían nas tablas, polo tema dos husos horarios. Así  o 15 sábado comenzaba un período principal de dúas horas as 8:oo da mañá, aproximadamente.

En condicións normais do tempo metereolóxico estos datos acertaban. Ou sexa sin no chovía moito, si o vento era o normal,   ou non había tormenta, acertaban. Ou sexa a presión atmosférica era básica; por suposto tamén o estado do río. É evidente que si o río vai cheo cambia todo...

Hoxe estas tablas deixaron de venderse. Pero poñen de manifesto ó que quería decir o falar de Tempos solunares.

O fundamento das tablas está según a leyes de Newton na atracción entre a terra e a lua que vai estar en función inversa da distancia entre ambas que o largo das fases da lúa son distintas, hai momentos de máxima atracción e momentos de mínima. As tablas foron feitas por John Alden Knight, pai e fillo e según contaron tendo en conta o que se sabía de lúa abaixo, lúa arriba, efectivamente a lúa pode estar no meridiano do lugar ou debaixo, e neste caso a atración é moito menor. O mismo tempo utilizaban a atración conxugada ou antagónica entre a lúa e o sol.  Non coincidían coas mareas debido ao retraso que había en terra, inda que os animais en xeral perciben esas sensacións inmediatamente, como habían observado.

Por certo as tablas que eu usei estaban firmadas por Jhon Alden Knight e Jacqueline E. Knight esta última esposa do seu fillo que xa morrera; as primeiras eran do pai e o fillo e  apareceron en EEUU no ano 1934.

Por suposto non publicaron o algoritmo que usaban.

En España estaban editadas por Pulide,  unha empresa de Barcelona.

 

A miña opinión sobre as tablas solunares:


      No ano 1968 chegaron ás miñas mans estas táboas e propúxenme abrir unha investigación para ver, polo menos empíricamente, que había de certo no anterior. A miña investigación comenceina no ano 1971 ata 1984 ( non tendo datos de 1978-79, xa que non estiven en Galicia neses anos). En todas as xornadas de pesca fun anotando: río, tramo, nº de troitas, cebo, condicións atmosféricas, período de lúa, cebos empregados, estado da auga e observacións persoais.

De cada xornada de pesca anotaba ou anotei durante máis de once anos estos datos, aparte dos datos de cebo, xa que tamén levei unha estadística de moscas (imitación para a pesca da troita, tamén si usaba culleriña ou cebos naturais...), ver un exemplo:

Estadística que fixen durante 11 anos, esta é unha pequena mostra do que anotaba cada vez que iba de pesca. Por certo daquela non había cupo de pesca.

Estadística do ano 1984, primeira folla. Foi un mal ano de pesca ?? 13,5 de media ata maio. Naqueles tempos era malo,  hoxe conformaríame coa décima parte, dúas troitas de medida sempre...

Estos cuadernillos, non sei como, nos traslados de casa,  desapareceron...Unha mágoa...


Os datos da miña experiencia leváronme a emitir unha tesis que comprobei empíricamente neses once anos, onde iba de pesca casi todos os sábados:

 

As miñas mellores pescatas (tanto en número como en picadas), é dicir en actividade de troitas,  fíxenas coa lúa en cuarto  minguante, concretamente o 4º, 5º e 6º día entre cuarto minguante e  a lúa nova.

 

Tesis que coincide coa emitida polos autores das tablas que afirmaban que :..."das experiencias adquiridas, parece deducirse que os mellores períodos solunares prodúcense nos días comprendidos entre o cuarto minguante e a lúa nova; esta circunstancia é maiormente apreciable na pesca do salmón e de todos os peixes voraces en xeral"...

 

Outros teñen opinións parecidas, ver unha delas:

 

Fases L.

Día 1

Día 2

Día 3

Día4

Día 5

Día 6

Día 7

Lúa

Nova

(SC) Bon da noite ó alba.

 

(SC)Bon de noite á primeira hora da mañán.

(SC) Bon da noita á primeiras horas da tarde. (SC) Moi bon ata media tarde. (SC) Moi bon ata media tarde. (SC) Moi bon ata media tarde (SC) Excelente toda a manán.

Cuarto

Crecente

(SC) Bon pola mañán.

Regular pola tarde

 

(SC) Bon pola mañán.

Excelente pola tarde.

 

(SC) Regular

todo o día.

 

(SC) Regular

todo o día.

 

(SC) Regular

todo o día.

 

(SC) Moi bon de media tarde a noite.

 

(SC) Moi bon todo o día.

Lúa

Chea
(C) Regular todo o día.

 

(C) Malo todo o día (C) Moi malo todo o día. ?? Bon todo o día.

 

?? Bon á mañán e regular á tarde.

?? Bon á mañán e malo á tarde.

?? Bon ata medio media.

Cuarto

Menguante

(SC) Bon ó

mediodía.

(SC) Regular á tarde. (SC) Regular á tarde.

 

(C) Regular á tarde.

-----

Para mín excelente dende media mañán.

(C) Bon ó

mediodía.

-----

Para mín excelente dende media mañán.

(C) Excelente

ó mediodía e á

tarde.

------

Para mín excelente dende media mañán.

(C) Excelente

ó medio

día e á

tarde.

-----

Para mín excelente dende media mañán.

Nesta tabla puxen en (C) e (SC) a miña opinión, basada no dito anteriormente.

 

(C)  Comprabado por mín en once anos de pesca da troita.

?? Con dúbidas este resultado.

(SC) non comprobado, por parte miña,  por medios empíricos.

 

Tendo en conta o dato anterior e coa única pretensión de que estos datos sexan útiles, polo menos curiosos,  incluio neste traballo unha das moitas tablas solunares que existen actualmente, ano 2022, para estos casos:

Link a unha tabla solunar.  (ano 2022)

A miña comprobación foi coas tablas de

Eu usaba as de John Alden, xa que eran as máis coñecidas, e dende dende logo funcionaban bastante ben. Observar que no ano 1978 eran a 20 edición, que correspondía á 40ª edición norteamericana.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.