O amieiral é un lugar poboados de amieiros ou ameneiros, casi sempre en lugares húmidos, en primeira liña de río, e asociados con outros como salgueiros, chopos, freixas, etc.
Tamén se chaman ameneiral ou abeneiral.
Amieiral a carón do río Cabe en RibasAltas. Agosto 2012.
Dende logo o Amieiral está en primeira liña de río.
Estas son as posicións dos árbores de ribeira en moitos casos. Pero os soutos as veces están a carón dos ríos:
Así a liña 1ª é a carón do río, neste caso poño como exemplo o río Lor, no Caurel: nesta liña 1 están os salgueiros, bidueiros e amieiros. (Norma xeral)
Así na 2º liña: os chopos, freixos, etc (Norma xeral)
Árbores en 3º liña: os castaños nos soutos e os carballos nas carballeiras, etc. (Norma xeral)
En Galicia é moi abondoso.
"Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza".
Citar sobre os ameneirais, un trozo dun traballo publicado por Xavier Amigo nos cadernos de Adega, concretamente no nº 14, dedicado os ríos galegos.
Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza.
Sobre os ameneirais dice Xavier amigo, no traballo citado:
"...Os ameneirais serían os tipos máis comúns e estendidos de bosque ripario que se poden recoñecer por numerosísimos treitos de ríos galegos. O dominio arborado corresponde ao ameneiro acompañado de freixo (ben Fraxinus excelsior, ben F. angustifolia, moi excepcionalmente ambos); tamén se fai constante o salgueiro (Salix atrocinerea) e poden aparecer outras especies arbóreas pero sempre de xeito minoritario como o bidueiro (Betula celtiberica), o pradairo (Acer pseudoplatanus) ou o ulmeiro (Ulmus minor). No seu sotobosque pódense atopar especies arbustivas como o estripeiro (Crataegus monogyna), a pereira (Pyrus cordata) ou o sanguiño (Frangula alnus), e un conxunto de especies herbáceas nemorais normalmente máis numeroso e diverso que o dos bosques riparios que poden estar na súa veciñanza; ademais a miúdo inclúen un apreciábel contido en fentos..."
Xavier amigo, distingue no traballo catro tipos de asociacións en Galicia:
A) A asociación Valeriano pyrenaicae-Ameneiro que ten ademais o freixo do norte (Fraxinus exccelsior). Atópase en Galicia entre o río Eume e o río Eo.
B) A asociación Senecioni bayonensis-Ameneiro que é a que aprece máis en Galicia. Tamén có freixo anterior, raramente cós dous. Que incluye tamén herbas grandes como a Senecio bayonensis e o Narcissus cyclamineus. Vese na Coruña, toda Pontevedra e parte de Lugo e Ourense.
C) A Galio broteriano-Ameneiro o parecer no interior de Ourense e algo en Lugo. Non leva o freixo pero si o ulmeiro.
D) Ameneiral-chopeira dase en microclimas mediterráneos como por exemplo polo Barco de Valdeorras. Aquí aparece o chopo (Populus nigra) e salgueiros de gran talla como o Salix fragilis ou Salix neotricha.