Web.

Unha web (de website o ´sitio na web´)  é un documento feito en linguaxe HTML (Hypertext Markup Language) ,  que permite ver, en internet e de forma pública,  unha determinada páxina, por exemplo "A vida nos ríos galegos" , que é a páxina que está vostede consultando neste dicionario.

Que non é unha palabra relacionada cós ríos e moito menos unha palabra galega? , pois non..., pero eu penso, que nesta caso especial,  o lector pode perdoarme a licencia,  xa que unha web como a de abaixo estame a permitir poñer os ríos galegos en conexión coa letra W, cousa dificil, e por certo non vín outra forma de facelo...Así cubro todas as letras do abecedario...

Esta páxina naceu no ano 2000.

 

WWW (en informática) son as siglas das palabras inglesas world wide web que é ´rede de ámbito universal´. Ou sexa a rede ou tea de araña de ámbito universal e que fai referencia ó entramado de ordenadores conectados a internet por todo o mundo.

Dende logo un bon dicionario de galego  como o "Gran dicionario xerais da lingua" trae estas palabras. Consultai a letra w e mirade a palabra web levaredes esa sorpresa...

Saír.