A palabra
Lizgairo
está sacada dun libro que leva por título
"Río Miño unha viaxe entre solsticios", escrito por Xesús
Fraga, e que fala do río Miño en todo o libro. Un libro escrito no ano
2021 e polo que felicito ao autor.
Escribindo sobre o seu recorrido entre
Lugo e Os Peares pon o seguinte texto:
..." Unha vez superada a presa de
Belesar, o Miño rexuvenece. Volve ser un río mozo, como se de golpe se
esvanecese o peso do centenar de quilómetros que xa leva ao lombo dende o
seu nacmento. Corre veloz, entre rápidos espumosos, pronto e
lizgairo, como o calificaría Ánxel Fole,
desexoso de recuperar o tempo perdido, de recuperar tamén a axilidade
anquilosada logo de tanta inmobilidade pantanosa, feliz de verse fluír entre
penas...".
Xusto neste lugar, onde o río Miño deixa o encoro de
Belesar.
Ponte da estrada Lu-533.
Vese o río entre rápidos espumosos, pronto e
lizgairo.
O río Miño un pouco máis
abaixo, na Ponte de San Fiz. A estrada é a de Monforte a
Chantada.
Lizgairo ten
, neste caso, o sentido de dilixente, que discurre como debe ser e como
era en tempos e que sabe ó que lle convén. A verdade é que o río Miño
pouco lle queda para chegar a cola doutro encoro, o dos Peares.
Unha auténtica mágoa.
O encoro de Belesar e o grupo de
encoros que hai no río Miño, Peares, Velle, Castrelo, Frieira e o propio
Belesar, dice Xesús Fraga, e eu me sumo a ese texto que son "...Un
verdadeiro Moloh, demo industrial que invadiu para sempre unha paraxe
que nada puido facer contra el...".
Saír.