PISCICULTURA-PISCIFACTORIAS
Estos estanques que se ven na fotografía forman os lugares onde se alimentan os peixes nunha factoría que normalmente están pegadas ao río, para aproveitar o caudal dos mismos. Son piscifactorias, e forman parte da piscicultura.
Descoñezo ao autor da fotografía nin o lugar onde está feita.
Que conste que coñezo algunhas pero prefiro poñer piscifactorias de outros lugares para evitar problemas.
A piscicultura é a crianza de peixes e mariscos, en cautividade, término baixo o que se agrupan unha gran diversidade de cultivos moi diferentes entre si. O fin final é a comercialización.
Dentro da piscicultura, o lugar onde se practica a piscicultura recibe o nome de piscifactorias.
Neste apartado vou poñer simplemente un exemplo de piscicultura en ríos con cultivos en estanques que aproveitan a auga do río para a súa montaxe e para a alimentación dos peixes que se cultiven. Toman a auga do río, previo filtrana con varios tipos de filtro e logo fana pasar por todos os compartimentos onde están os peixes e soltan ao río toda esa auga. Dependendo do período do ano e da choiva as veces utilizáse a misma auga que sale previa limpeza e preparación no aspecto de incorporar oxíxeno para que a auga non sexa mortal para as troitas.
Nos ríos de Galicia a maior parte das piscifactorias son de troitas, hai tamén algunhas de salmón. Son polo tanto pìscifactorias de auga doce, tamén nas hai de auga salada.
As veces tamén se poñen xaulas flotantes.
Nelas alimentase os peixes ata que teñan a talla adecuada para a súa comercialización.
Previo hai que facer una selección, preparar o ambente de cultivo, reproducir a cria adecuadamente, alimentalos (piensos e alimentos especiais), controlar a súa saúde, etc.
Posteriormente plantésanse problemas sobre todo mediambientais algún graves. Así a contaminación da auga, problema bastante común, malo para os peixes en produción e malo para os vertidos outra vez o río. Pensai simplemente nos excrementos de tantos peixes a cantidade de problemas que poden traer. Problemas de alimentación e de enfermedades que se tratan de todos los xeitos con antibióticos e pesticidas. O efecto invernadeiro tamén é outro problema, polo gasto de enerxía.
Moitas piscifactorias contaminan moitísimo os ríos e as solucións non se poñen sobre a mesa.
Persoalmente non pesco troitas por debaixo de onde hai unha piscifactoria, as augas non están depuradas, cheira mal e afecta moito a fauna. Espero que nesto últimos anos se tomasen medidas contra este tema.
Non son o único que fala desto, hai moita xente que denuncia estas cousas e tamén o trato que reciben en canto a bienestar dos peixes.
Este video queixase e moito sobre este trato na UE e concretamente nas piscifactorias de troita.
Eu penso que hoxe xa terán posto remedio a moitas das cousas que se contan no video. Unha troita efectivamente sinte a súa morte. Aquí vou decir unha cousa como pescador de troitas dende fai máis de sesenta anos. Sempre ó fixen, cando collía unha troita para levar pra casa, provocar a morte instantanea foi do primeiro que aprendín a facer, é moi doado; nunca me gustou a atrocidade de que a troita quedara na cesta da pesca dando botes e asfixiandose. Por eso tamén hoxe en día non son moi partidario da pesca sen morte, ou se pesca ou non se pesca. Lastimar a troita e devolvela o río cando se sabe que máis de un 50%, según datos estadísticos non vai sobrevivir en condicións, é unha barbaridade.
Evidentemente non temos por qué estar en contra das piscifactorias, toda vez cando a nosa troita, polo menos en Galicia, está a punto de desaparecer, así o dicen xente especializada e que dedicou toda a vida estudando os seres acuáticos e o seu entorno (2). Pode criarse e venderse e que non sexan pescadas as poucas que quedan nos nosos ríos, pero cumplindo unha lexislación que ten que ser moi estricta con ese tema.
Os peixes, como a troita, para mín e para Botheler (1), entre outros o peixe máis bonito de todos, non poden nin deber estar co título "Os animais de granxa peor tratados do mundo" ou "Os animais de granxa esquecidos". E non por bonitos si non simplemente por seren seres vivos.
Troita común galega, moi distinta a outras troitas.
Unha marabilla de librea. Foto Secundino Lorenzo
(1) Deus puido, sen dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén sen dúbida, non o fixo Deus xamais" Botteler
(2) "A última troita", un artigo do meu amigo Xosé Benito Reza, escrito no 2019