Falando de ríos , as augas residuais, por exemplo dun proxecto industrial, son as augas efluentes.

Clara é aquela auga que deixa ver perfectamente ao leito do río, mentras que avolta é todo ó contrario.

As augas efluentes non son claras, son máis ben avoltas pero ademais levan productos que contaminan ao río, aparte de cheirar mal...

 

Neste caso a auga do río vai clara. Río Lor.

Neste caso a auga vai avolta.

O regato leva augas residuais,  son augas efluentes.. Neste caso trátase do río Cerves e o regato leva augas efluentes dunha canteira que hai en Melón. Un desastre que non se da correxido...

Neste caso o regato ven das pizarreiras do Barco de Valdeorras. As augas efluentes están a vista...

Para rematar, desgraciadamente todos os anos en Galicia hai máis de cincuenta casos; caso especial é  o do río Barbaña, afluente do río Miño en Ourense que ten por riba dos tres casos ao ano de augas efluentes.

Un dos tres casos, cada ano o río Barbaña aparece desta forma;  as augas efluentes veñen do Polígono de San Ciprián e tamén do Polígono Barreiros. Non hai maneira de correxir esta desfeita. No 2021 que repaso estos datos sigue a contaminación e siguen a botar balóns fora, que si os regatos que chegan ao Polígono, que si a culpa tena o goberno central... Dende logo levan gastado miles  de euros, eso dicen, pero non se acomete o problema, metendo dúas depuradoras especiais nesos polígonos, depuradoras que xa deberan estar feitas dende o comenzo. País...

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.